En marcha o I Festival de webseries Carballo InterPlay (CIP)

Fantástica iniciativa do Concello de Carballo con este Festival Carballo InterPlay. Un festival de web series que se celebra no estado e que ocupará o Pazo da Cultura do 24 ao 27 de abril.
Trátase dun festival que nace coa vontade de fomentar a creatividade e de apoiar aos creadores, visibilizando a cultura e respaldando o desenvolvemento da industria cultural.

Nesta primeira edición do CIP haberá, ademais da proxección das webseries que vaian a concurso, charlas, mesas redondas, master class e actividades paralelas, tendo a cita o seu peche o 26 de abril cunha gala de entrega de premios.

Neste I Carballo InterPlay contarase cuns "padriños de luxo", en verbas de Méndez, que son Daviz Sáinz e Teresa Segura de Different Entertainment, director e guionista e directora de produción, respectivamente, da webserie de éxito nacional "Malviviendo". Así mesmo, contarase coa presenza de Julio Garma, creador da recoñecida serie de animación "Freaklances" e impulsor do proxecto de distribución de webseries "Freaklances Project", que presentará no festival.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte