O Carballo Interplay, un kamikaze profesional

O Alcalde, Evencio Ferreiro, o Concelleiro Xosé Regueira e directora Sonia Méndez na inaugurando Festival Carballo Interplay Xa ferve de contidos Carballo. A V edición do Festival Carballo Interplay está xa a pleno rendemento, despois da proxección este pasado mércores da serie creada durante o #CampamentoKamikaze. Servíu de apertura do festival a presentación de Dinosaurio La Serie, a serie que crearon unha vintena de creadores durante ese intenso campamento creativo desenvolto en Razo dende o luns. Un equipo de profesionais do mundo das series dixitais e do audiovisual, estiveron dando forma a ese dinosario audiovisual dende o comezo, ideando, gravando e postproducindo unha serie web en tres xornadas. Onte foi a premier, todo un momentazo para o protagonistas, e un perfecto pistoletazo de saída para un festival que estes xoves, venres e sábado seguen activas.
Presentacion de Dinosaurio La serie no Carballo Interplay
Equipo Kamikaze do Carballo Interplay

Mañá de Xoves Pro

Durante a mañá do xoves está en marcha o panel sobre televisión e contidos nativos en internet con profesionais de Hitsbook, PlayZ (RTVE), Flooxer (Atresmedia), CRTVG, VICE o Globomedia. Todo emitido en directo por streaming no Facebook de Carballo Interplay.
A Zona Pro no Carballo Interplay en directo

Tarde de proxeccións

Na tarde do xoves comezan as proxeccións da sección oficial, coa estrea ás 21:00h de “Hai vida en Bran?”, a serie escrita, dirixida e protagonizada por Ángela Andrada que gañou no IV Carballo Interplay o Premio a proxecto de webserie en galego. Antes, ás 16:00h comezan as proxeccións coas Webseries Sección Oficial Internacional; e Estatala partir das 17:00h. Ademais, ás 19:30h as catro propostas de webseries en galego finalistas para esta edición do Premio defenderán os seus proxectos nun pitching público.

Venres de humor

O venres será un día no que o Interplay se fixará nas potencialidades da rede como espazo para o humor máis transgresor. El punto frío e os Youtubeir@s protagonizan a terceira xornada. O polifacético humorista catalán, que tamén é parte do xurado, presentará o seu show Guasa & Melanco, no que afonda na súa mestura da risa coa incomodidade. Ademais o Interplay acollerá a estrea de El punto frío, a nova webserie de RTVE para a súa plataforma PlayZ, que introduce o mito da Santa Compaña nunha trama policíaca. Ás 13:00h hai sesió vermú con MounQup, e pola tarde comezarán as proxeccións ás 16:00h, sendo o Encontro de Youtubeir@s, ás 19:00h, un dos momentos da noite.

Novas relacionadas

Edicións anteriores

Fonte