O Carballo Interplay, un kamikaze profesional
 
    12:02 05/04/18 
             O Alcalde, Evencio Ferreiro, o Concelleiro Xosé Regueira e directora Sonia Méndez na inaugurando Festival Carballo Interplay
Xa ferve de contidos Carballo. A V edición do Festival Carballo Interplay está xa a pleno rendemento, despois da proxección este pasado mércores da serie creada durante o #CampamentoKamikaze. Servíu de apertura do festival a presentación de Dinosaurio La Serie, a serie que crearon unha vintena de creadores durante ese intenso campamento creativo desenvolto en Razo dende o luns.
Un equipo de profesionais do mundo das series dixitais e do audiovisual, estiveron dando forma a ese dinosario audiovisual dende o comezo, ideando, gravando e postproducindo unha serie web en tres xornadas. Onte foi a premier, todo un momentazo para o protagonistas, e un perfecto pistoletazo de saída para un festival que estes xoves, venres e sábado seguen activas.

 Presentacion de Dinosaurio La serie no Carballo Interplay
 Presentacion de Dinosaurio La serie no Carballo Interplay
 Equipo Kamikaze do Carballo Interplay
 Equipo Kamikaze do Carballo Interplay
Mañá de Xoves Pro
Durante a mañá do xoves está en marcha o panel sobre televisión e contidos nativos en internet con profesionais de Hitsbook, PlayZ (RTVE), Flooxer (Atresmedia), CRTVG, VICE o Globomedia. Todo emitido en directo por streaming no Facebook de Carballo Interplay. A Zona Pro no Carballo Interplay en directo
 A Zona Pro no Carballo Interplay en directo
Tarde de proxeccións
Na tarde do xoves comezan as proxeccións da sección oficial, coa estrea ás 21:00h de “Hai vida en Bran?”, a serie escrita, dirixida e protagonizada por Ángela Andrada que gañou no IV Carballo Interplay o Premio a proxecto de webserie en galego. Antes, ás 16:00h comezan as proxeccións coas Webseries Sección Oficial Internacional; e Estatala partir das 17:00h. Ademais, ás 19:30h as catro propostas de webseries en galego finalistas para esta edición do Premio defenderán os seus proxectos nun pitching público.Venres de humor
O venres será un día no que o Interplay se fixará nas potencialidades da rede como espazo para o humor máis transgresor. El punto frío e os Youtubeir@s protagonizan a terceira xornada. O polifacético humorista catalán, que tamén é parte do xurado, presentará o seu show Guasa & Melanco, no que afonda na súa mestura da risa coa incomodidade. Ademais o Interplay acollerá a estrea de El punto frío, a nova webserie de RTVE para a súa plataforma PlayZ, que introduce o mito da Santa Compaña nunha trama policíaca. Ás 13:00h hai sesió vermú con MounQup, e pola tarde comezarán as proxeccións ás 16:00h, sendo o Encontro de Youtubeir@s, ás 19:00h, un dos momentos da noite.Novas relacionadas
- 2018: Arrinca o ”latexar de innovación e creatividade” do Carballo Interlay.
- 2018: 8 webseries galegas no Carballo Interplay.
- 2018: As 42 webseries que poderás ver no #CarballoInterplay.
- Programa Actividades 2018: Buceando na rede cun completo programa de actividades no V Carballo Interplay.
- 2018: O V Carballo Interplay recibe 256 webseries de todo o mundo.
Edicións anteriores
- 2017: O Festival Interplay fai de Carballo a capital da cultura dixital global
- 2017: O IV Festival Carballo Interplay, a máxima calidade audiovisual entra na Costa da Morte
- 2017: En marcha a 4ª edición do Carballo Interplay, os Goya do audiovisual virtual
- Maio 2016: O éxito do III Carballo Interplay asegura unha cuarta edición no 2017.
- 2016: Os Premios Fouciño, os irmáns pequenos do Carballo Interplay
- 2016: Carballo prepárase para o terceiro festival Interplay
- 2016: David Saínz e Teresa Segura imparten un obradoiro de creación de webseries
- 2016: Un total 36 webseries de todo o mundo compiten na terceira edición do Carballo Interplay
- 2016: As novas narrativas dixitais estarán presentes no III Festival Carballo Interplay
- 2016: Máis de 120 proxectos de todo o mundo estarán no III Festival de Webseries Carballo Interplay
- 2016: O Interplay aposta polos contidos en galego e crea un premio de 1.500€ para a mellor webserie.
- 2016: O “pioneiro” festival internacional Carballo Interplay xa conta co apoio da Deputación.
- 2016: O III Carballo Interplay quece motores co FormaCIP.
- 2015: O Carballo Interplay, os Óscars 2.0:
- 2015: Arrinca un desenfadado Festival Interplay para poñer Carballo no centro das miradas do audiovisual.
- 2015: O Festival Interplay, unha regueifa audiovisual de vangarda.
- 2014: As mellores webseries de España, premiadas no Carballo Interplay.
- 2014: Carballo prepara a cámara para convertirse na Sundance das webseries.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
- Carballo Interplay