Os doadores de préstamos para salvar o Casino de Carballo deben realizar os trámites

Coa colaboración de veciños e demais doadores, conseguíronse case 80.000€ para salvar o edificio da especulación urbanística Dende hoxe e até o día 20 de setembro, todas as persoas que contribuíron economicamente por medio de préstamos para salvar o edifico do Casino de Carballo deben pasar pola asesoría Sueiro para formalizar os contratos, de lunsa a venres en horario de 12:00 a 14:00 horas e os martes e os xoves tamén poden facelo de 16:00 a 19:00 horas.  Para realizar o trámite haberá que presentar o DNI. Así mesmo, a directiva do Casino1889 pide que se alguén sabe de persoas que teñan feito préstamos e que vivan fóra que lles fagan chegar dito aviso e que se poñan á maior brevidade en contacto con Víctor Lorenzo, presidente da sociedade, no teléfono 676 724 693.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/a-xente-bonita-salva-o-casino/ Os socios e colaboradores salvarán o Casino cos seus microcréditos “Os socios e colaboradores salvarán o Casino cos seus microcréditos” — Que pasa na costa “O Casino renace coas portas máis abertas que nunca” — Que pasa na costa Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Casino1889