![Edificio do Casino na Rua Lugo de Carballo]()
Coa colaboración de veciños e demais doadores, conseguíronse case 80.000€ para salvar o edificio da especulación urbanística
Dende hoxe e até o día 20 de setembro, todas
as persoas que contribuíron economicamente por medio de préstamos para salvar o edifico do Casino de Carballo deben pasar pola asesoría Sueiro para formalizar os contratos, de lunsa a venres en horario de 12:00 a 14:00 horas e os martes e os xoves tamén poden facelo de 16:00 a 19:00 horas. Para realizar o trámite haberá que presentar o DNI.
Así mesmo, a directiva do Casino1889 pide que se alguén sabe de persoas que teñan feito préstamos e que vivan fóra que lles fagan chegar dito aviso e que se poñan á maior brevidade en contacto con Víctor Lorenzo, presidente da sociedade, no teléfono 676 724 693.
Novas relacionadas
https://quepasanacosta.gal/a-xente-bonita-salva-o-casino/
Os socios e colaboradores salvarán o Casino cos seus microcréditos
“Os socios e colaboradores salvarán o Casino cos seus microcréditos” — Que pasa na costa
“O Casino renace coas portas máis abertas que nunca” — Que pasa na costa
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Casino1889