Fran Fernández presenta a obra gañadora do XIX Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas

O Fogar dos Pensionistas da Casa do Pescador de Malpica acolle mañá, ás 19:00 horas, a presentación do libro "Atravesar o don", de Fran Fernández Davila.

Esta foi a obra gañadora do XIX Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas; unha cita xa consolidada no calendario cultural galego que promove a creación poética en lingua galega con liberdade temática e vocación innovadora.