Senda Nova pon en marcha os Xoves de Filme

Este xoves arrinca un novo proxecto da asociación ambiental Senda Nova: os Xoves de Cine. Con este ciclo de proxeccións a entidade quere resaltar os valores ecolóxicos e culturais da bisbarra a través de varios documentais. Nesta ocasión coinciden varias propostas dun interese cultural e paisaxístico local, sobre todo da comarca de Soneira, que conviven con outras dúas proxeccións de carácter sociocultural que tratan sobre a colectividade do monte e o esgotamento de recursos. "E hoxe quen baila?" é o documental estrela desta nova andadura e proxectarase o 18 de maio no espazo da Natureza de Oza a partir das 20:00 horas. O filme basease nos faladoiros cos nosos maiores por 21 parroquias de Bergantiños e Soneira nas Historias de Inverno. Serán os protagonistas deste filme os que estean hoxe, ás 20 horas, no Espazo da Natureza para volver a contar as súas historias. Ademais deste, proxectaranse os seguintes traballos. A entrada é sempre de balde.
  • 19 abril: Os Penedos de Pasarela e Traba. A arte dos dedos do tempo
Produción: Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte (SEMESCOM) Dirección: Xosé María Lema, Roberto Mouzo Duración: 23 minutos Sipnose: Sobre o proceso de protección e recoñecemento dos Penedos de Pasarela e Traba Ano: 2009
  • 26 abril: Non hai mañá
Produción: Incubate Pictures Dirección: Dermot O’Connor Duración: 35 min Sipnose: Filme animado sobre o esgotamento de recursos, enerxía e o crecemento Ano: 2012
  • 3 maio:Ruta das antas da Costa da Morte. Os principais monumentos megalíticos
Produción: Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte (SEMESCOM) Dirección: Xosé María Lema Suárez Duración: 20 min Sipnose: Un percorrido polas principais antas e mámoas da Costa da Morte Ano: 2009
  • 10 maio:En todas as mans
Produción: trespés s. Coop. Galega Dirección: Diana Toucedo Duración: 100 min Sipnose: Documentario sobre os montes veciñais e mancomúns na Galiza, que pretende mostrar unha realidade escasamente coñecida e pouco valorada pola sociedade galega. Ano: 2015
  • 18 maio ás 20 horas: ESTREA: Hoxe Quen Baila?
  • 24 maio: Queimar o Monte
Dirección: Emilio Fonseca Martín Produción: Uxía Buciños Duración: 56 min Sipnose: Documentario que trata e analiza as verdadeiras causas dun dos maiores problemas ambientais de Galiza, os incendios forestais. Ano: 2012
  • 31 maio: Os batáns do Mosquetín, un conxunto etnográfico singular
Produción: Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte (SEMESCOM) Dirección: Xosé María Lema Suárez Duración: 30  min Sipnose: Sobre o proceso de recuperación dos batáns do Moquetín, na Terra de Soneira Ano: 2006

Novas relacionadas

   

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).