![]()
Este xoves arrinca un novo proxecto da
asociación ambiental Senda Nova: os
Xoves de Cine. Con este ciclo de proxeccións a entidade quere resaltar os valores ecolóxicos e culturais da bisbarra a través de varios documentais. Nesta ocasión coinciden varias propostas dun interese cultural e paisaxístico local, sobre todo da comarca de Soneira, que conviven con outras dúas proxeccións de carácter sociocultural que tratan sobre a colectividade do monte e o esgotamento de recursos.
"E hoxe quen baila?" é o documental estrela desta nova andadura e proxectarase o 18 de maio no espazo da Natureza de Oza a partir das 20:00 horas. O filme basease nos faladoiros cos nosos maiores por 21 parroquias de Bergantiños e Soneira nas
Historias de Inverno. Serán os protagonistas deste filme os que estean hoxe, ás 20 horas, no Espazo da Natureza para volver a contar as súas historias.
Ademais deste, proxectaranse os seguintes traballos. A entrada é sempre de balde.
- 19 abril: Os Penedos de Pasarela e Traba. A arte dos dedos do tempo
Produción: Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte (SEMESCOM)
Dirección: Xosé María Lema, Roberto Mouzo
Duración: 23 minutos
Sipnose: Sobre o proceso de protección e recoñecemento dos Penedos de Pasarela e Traba
Ano: 2009
Produción: Incubate Pictures
Dirección: Dermot O’Connor
Duración: 35 min
Sipnose: Filme animado sobre o esgotamento de recursos, enerxía e o crecemento
Ano: 2012
- 3 maio:Ruta das antas da Costa da Morte. Os principais monumentos megalíticos
Produción: Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte (SEMESCOM)
Dirección: Xosé María Lema Suárez
Duración: 20 min
Sipnose: Un percorrido polas principais antas e mámoas da Costa da Morte
Ano: 2009
Produción: trespés s. Coop. Galega
Dirección: Diana Toucedo
Duración: 100 min
Sipnose: Documentario sobre os montes veciñais e mancomúns na Galiza, que pretende mostrar unha realidade escasamente coñecida e pouco valorada pola sociedade galega.
Ano: 2015
- 18 maio ás 20 horas: ESTREA: Hoxe Quen Baila?
- 24 maio: Queimar o Monte
Dirección: Emilio Fonseca Martín
Produción: Uxía Buciños
Duración: 56 min
Sipnose: Documentario que trata e analiza as verdadeiras causas dun dos maiores problemas ambientais de Galiza, os incendios forestais.
Ano: 2012
- 31 maio: Os batáns do Mosquetín, un conxunto etnográfico singular
Produción: Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte (SEMESCOM)
Dirección: Xosé María Lema Suárez
Duración: 30 min
Sipnose: Sobre o proceso de recuperación dos batáns do Moquetín, na Terra de Soneira
Ano: 2006
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).