Un bo ano para os medios en galego

Facemos hoxe, 25 de xullo, Día da Patria Galega, unha reflexión sobre a situación dos medios que facemos xornalismo en galego neste país. E o facemos en clave de esperanza, tendo en conta os novos movementos que se están a realizar no panorama mediático galego.

Se o 2011 foi un ano verdadeiramente fatídico para a lingua galega nos medios de comunicación, este 2013 está servindo para afianzar proxectos que levan anos na rede. E detrás atopamos xa unha entidade que vela polos intereses do idioma, polos intereses dos medios que o coidan e o promoven.

Falamos da Asociación de Medios en Galego, da que o diario QPC forma parte intrínseca. Unha asociación que nace das boas sinerxias xeradas na campaña que no 2012 levamos a cabo dándolle as nosas "Vitaminas ao galego".

Neste 2013 a Asociación xa está formalizada e polo de pronto son 15 os medios que a forman, coa intención de seguir crecendo. A práctica totalidade dos medios que comunican en galego xa están adheridos, facendo unión e forza para seguir defendendo a dignificación da lingua e a profesionalización do sector ante as administracións.

Polo de pronto xa teñen demostrado que a unión fai a forza. Ademais de sermos recibidos polos 4 Grupos Parlamentares, a entidade seguirá mantendo xuntanzas estas semanas coa Secretaría Xeral de Medios, a Secretaría de Política Lingüística, o Sindicato e o Colexio de Xornalistas... e todas as que fagan falta para conquerir novos desadíos.

I é que non cabe dúbida de que as axudas públicas aos medios teñen que ter uns criterios máis obxectivos, cunha clara intención de potenciar a nosa lingua, e de fomentar a creación de emprego dende as novas e pequenas empresas xornalísticas.
A Lei de Publicidade Institucional e os criterios para a adxudicación de axudas públicas son dous dos primeiros cabalos de batalla da asociación, que poden servir de pés para seguir ampliando o espectro de cabeceiras galegas que nos achegan, con criterio e liberdade, a actualidade do país.

As primeiras consecuencias xa as podemos contar. Gracias a forza xerada trala campaña publicitaria da Xunta co gallo do 17 de maio, na que nos deixaron fóra a case todos os medios que comunicamos en galego, este 25 de xullo podemos comprobar con que a Xunta xa comezou a ternos en conta, alomenos para as citas claves da nosa lingua.

Quen forma a AMEGA?

Se ben a Asociación de Medios en Galego segue en proceso de crecemento, a día de hoxe está formada por 15 medios: Galicia Confidencial, Tempos Novos, Novas da Galicia, Radiofusión, rede de emisoras municipais galegas, Praza Pública, Valmiñor.info, Quepasanacosta.com (o seu coordinador Ubaldo Cerqueiro é o Vicepresidente), xornal dixital da Costa da Morte, Certo, Xornal da Barbanza, Compas da Costa, revista dixital da Costa da Morte, Sermos Galiza, Cadernos de Comunicación e Análise, Terra Chá Xa, A Voz de Vilalba, Cronicas 3, xornal dixital da Mariña Lucense e A Nova Peneira.

Máis información

Novas relacionadas

Outras novas

Fonte