Venres. 29.03.2024
El tiempo

Unha noite de poesía e punk para darlle Vitaminas ao galego

Unha noite de poesía e punk para darlle Vitaminas ao galego
"Sabemos tirar os penaltis e non facemos como o Barça e o Madrid", afirmou o grupo muradán Terbutalina no festival de Vitaminas para o galego que se celebrou na noite do pasado venres na Gentalha do Pichel en Santiago de Compostela. Ademáis do enerxético "gastro punk" dos de Muros, a xornalista Xiana Arias coordenou con palabras fermosas e precisas un acto no que se deron cita xornalistas, músicos e a vangarda da intelectualidade compostelán. O recitado vibrante de Gonzalo Hermo, Olalla Cociña e Alicia Fernández abriu o lume dun acto no que Ubaldo Cerqueiro (Quepasanacosta) deu leitura ao manifesto que "Vitaminas para o galego" lanza para o vindeiro 17 de maio, Dia das Letras. No texto faise fincapé na necesidade de medios de comunicación que empreguen o idioma galego se se quere garantir a continuidade e a transmisión interxeneracional da lingua, a contribución máis importante de Galicia á construción da humanidade". Por iso afirman que queren "reforzar os medios de comunicación en galego, coa creación efectiva dun espazo galego de comunicación, como plataforma de defensa da identidade común". Foron os impresionantes muradáns Terbutalina os que derrocharon enerxía en galego, malia que asegurar aquelo de "Rajoy, te quiero, pero no te lo digo en galego".

26 medios en galego

Os 26 medios que participan das "Vitaminas" afirman que "Galicia quere información de proximidade en galego, mass media que no século XXI difundan e prestixien o idioma, altofalantes que ensinen a nosa visión do mundo, peten nas conciencias e fagan visible a sensibilidade e a creatividade existente na sociedade galega. A campaña Vitaminas para o Galego está artellada polos medios de comunicación:  Tempos Novos, Galicia Confidencial, Radiofusión, Praza Pública, Novas da Galiza, Val Miñor.info e Quepasanacosta.  Colaboran ademais Xornal da Barbanza Certo, O Sil.info, Crónica 3, Radio Nordés, Terra Chá.Xa, Crónicas da Comarca, Surf GZ, Cardenos de Comunicación e Análise, Lalín e Comarca, Hermes e Atenea , Disquecool, De Luns a Venres, Cabozo.com, Vencello, Cartafol, A nova Peneira, Programa radio Plástico Elástico, Cerne, Terra de Melide e Gaceta de Fene.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios