Antes de entrar de pleno no mes das letras, a #AxendaCostadaMorte despídese cunha boa oferta cultural e de ocio ao longo e ancho da bisbarra. Sendeirismo, teatro, música, as festas dos maiores en Zas e en Vimianzo e algunha que outra campaña comercial serán as principais actividades destes días. Ademáis, o tempo semella estar xeneroso xa que segundo o parte costeiro de 4gotas.com ésta será unha fin de semana case estival.
Parte costeiro 4 gotasHoxe lucirá o sol en toda a Costa da Morte. Con máximas de 20ºC ou preto entre Fisterra e Muros - en zonas protexidas do vento -e uns 15-17 nos arredores de Malpica, por mor do nordés. Á tardiña comezarán a chegar nubes ao norte, de madrugada toda a costa quedará co ceo cuberto, con orballos en Bergantiños e nas comarcas do interior. Xa co amencer irán a menos as nubes e quedará outro día de ceos azuis, coas mesmas temperaturas do venres e con vento do nordés.O domingo calmarase o vento e favorecerá un ascenso das temperaturas entre dous e tres grados. O ceo azul seguirá azul e mesmo estará un día agradable de praia. Especialmente metidos na ría de Muros, con máximas de 22 e 23 graos ao mediodía.
Se queredes buscar unha praia que se adapte aos vosos gustos xa podedes comezar a usar AQuePlaya, a app de 4gotas.com.
O concello de Zas continúa mañá sábado coa I Mostra de Teatro Afeccionado. Será o turno do Tangatutanga Teatro, de Santiago de Compostela, que representará ás 21 horas no auditorio de Baio a obra "Que deus nos colla confesados. Cabaré Bíblico". A función, que dura uns 60 mínutos, está recomendada para maiores de 12 anos e a entrada é de balde.
Surf&Rock
Esta fin de semana, o surf e o rock invaden Malpica co singular IV Malpica Longboard Classic 2016 que arrinca hoxe. Haberá carpa, mercadillo, aparcamento para autocaravanas, e zona de acampada. Todo listo para que Malpica sexa invadida pola moda máis hispter.
Mañá terá lugar unha ruta de sendeirismo por Cee incluida dentro do programa “Andainas Coñece a Costa da Morte 2016”. O roteiro Meigha Lirea consta dun percorrido de 10,85 quilómetros que está previsto completar en algo máis de tres horas – coa parada de avituallamento incluída -. O punto de saída (ás 10 horas) e de chegada será na Ponte Vella situado fronte á igrexa de Santo Estevo de Lires. Os interesados poden descagar o trakc desta ruta circular aquí.
Camiño dos Faros Inclusivo, en Camelle
Despois da experiencia da primeira etapa do Camiño dos Faros Inclusivo, mañá celebraráse en Camelle unha nova edición deste roteiro xunto coa pre-etapa. Este proxecto inclusivo está organizado pola Ferederación de ANPAS da Costa da Morte e no que participan membros da asociación Íntegro, Un Paso Máis, Aspronaga e Aloumiños. Neste roteiro, os participantes terán a oportunidade de coñecer en profundidade a historia de Camelle e os seus naufraxios. A cita comeza ás 17 horas no mirador de Lobeiras, en Arou para desprazarse ata a praia. Dende alí partiráse cara o museo de Man onde haberá unha charla histórica sobre a vila. Despois de repoñer forzas, as Traskiband ofrecerá un concerto que comeza ás 22 horas.
4ª Etapa Camiño dos Faros. De Laxe a Arou
O domingo, 1 de maio, os tran@os percorreran o camiño ao carón do mar que discorre entreLaxe e Arou. A ruta, de 17,7 quilómetros de lonxitude, comenza en Laxe coa visita ao porto e á igrexa de Santa María da Atalaya. Dende alí, os participantes dirixiranse ao faro pola ruta da Ínsua. Xa moi próximo ao faro, os trasn@s atoparanse coa furna da Espuma e coa praia dos Cristais. Dende alí partiran ata o Peñón de Soesto. Os camiñantes farán aquí unha parada antes de percorrer a punta de Catasol e a praia de Arnado que os conducirá á praia e á lagoa de Traba. Dende alí comeza un camiño formado, na súa meirande parte, por coídos de diferentes tamaños que forman unha paisaxe única ata chegar a Sabadelle, un antigo porto de baleas que pertence ao concello de Vimianzo. Este será o lugar que os dirixa ata Camelle.
Dentro do programa Primavera en Marcha de Senda Nova, este domingo día 1 de maio, terá lugar a ruta das Mámoas que discorre polo concello de Cabana de Bergantiños.
Concertos
Diego Frikipaldi e o músico e director madrileño de curtrametraxes, Alber Ponte, ofrecerán mañá un concerto no Woodstock Café de Cee que comeza ás 23:30 horas.
Exposición fotográfica Cee: Hoxe é o último día pra ver a exposición fotográfica “Unha ollada dende Muros ata Cee”, de Rosa Gallardo, que acolle a sala de exposicións da casa da Cultura de Cee.
A Biblioteca Municipal de Muxía acolle ata o 6 de maio unha mostra sobre a imprenta. O horario de visita é de martes a venres de 15:30 a 20 horas.
O faro Vilán estrea o domingo unha nova exposición de pinturas e de esculturas a cargo de Xesús Franco e de Tino Canicoba. A mostra pódese visita durante todo o mes de maio en horario de 11 a 14 horas e de 15:30 a 20 horas.
Outras citas
Feira de Abril en Vimianzo. O comercio e a hostelería da vila organizaron unha campaña de promoción conxunta que terá lugar esta fin de semana onde haberá mercadillo flamencos, pinchos, atraccións para nenos, doma de cabalo e desfile de moda.
Feira na Rúa de Fisterra. Un 30 artesáns participarán na II Feira na Rúa que terá lugar esta fin de semana en Fisterra. A cita comeza mañá cunha inauguración oficial que terá lugar ás 12 horas onde non faltará a música e os Cabezudos de Fisterra. A troula continúa durante toda a tarde e o domingo todo o día.
Día da Muiñeira en Cee. Grupos de baile tradicional de toda a Costa da Morte e da súa contorna participan mañá no XXX Día da Muiñeira organizado pola asociación cultural Terra de Sena de Cee.