Unha completa #AxendaCostadaMorte despide o mes de abril
07:15 28/04/16
Antes de entrar de pleno no mes das letras, a #AxendaCostadaMorte despídese cunha boa oferta cultural e de ocio ao longo e ancho da bisbarra. Sendeirismo, teatro, música, as festas dos maiores en Zas e en Vimianzo e algunha que outra campaña comercial serán as principais actividades destes días. Ademáis, o tempo semella estar xeneroso xa que segundo o parte costeiro de 4gotas.com ésta será unha fin de semana case estival.
Parte costeiro 4 gotas
Hoxe lucirá o sol en toda a Costa da Morte. Con máximas de 20ºC ou preto entre Fisterra e Muros - en zonas protexidas do vento -e uns 15-17 nos arredores de Malpica, por mor do nordés. Á tardiña comezarán a chegar nubes ao norte, de madrugada toda a costa quedará co ceo cuberto, con orballos en Bergantiños e nas comarcas do interior. Xa co amencer irán a menos as nubes e quedará outro día de ceos azuis, coas mesmas temperaturas do venres e con vento do nordés.
O domingo calmarase o vento e favorecerá un ascenso das temperaturas entre dous e tres grados. O ceo azul seguirá azul e mesmo estará un día agradable de praia. Especialmente metidos na ría de Muros, con máximas de 22 e 23 graos ao mediodía.
Teatro
Se queredes buscar unha praia que se adapte aos vosos gustos xa podedes comezar a usar AQuePlaya, a app de 4gotas.com.
- O autitorio do Edificio Multiusos de Santa Comba acolle hoxe, ás 21 horas, a obra de teatro "Shakespeare para ignorantes" de Mofa e Befa. O evento comeza ás 21 horas e a entrada é gratuita.
- O concello de Zas continúa mañá sábado coa I Mostra de Teatro Afeccionado. Será o turno do Tangatutanga Teatro, de Santiago de Compostela, que representará ás 21 horas no auditorio de Baio a obra "Que deus nos colla confesados. Cabaré Bíblico". A función, que dura uns 60 mínutos, está recomendada para maiores de 12 anos e a entrada é de balde.
- Esta fin de semana, o surf e o rock invaden Malpica co singular IV Malpica Longboard Classic 2016 que arrinca hoxe. Haberá carpa, mercadillo, aparcamento para autocaravanas, e zona de acampada. Todo listo para que Malpica sexa invadida pola moda máis hispter.
- Camiño dos Faros Inclusivo, en Camelle
- 4ª Etapa Camiño dos Faros. De Laxe a Arou
- A Ventana de Laxe acolle hoxe, a partir das 23:30 horas, o concerto acústico da banda galega Igloo.
- Diego Frikipaldi e o músico e director madrileño de curtrametraxes, Alber Ponte, ofrecerán mañá un concerto no Woodstock Café de Cee que comeza ás 23:30 horas.
- O pub Brigde da Ponte do Porto ofrecerá mañá, á partir da media noito un concerto a cargo de Rockolas.
- Exposición fotográfica Cee: Hoxe é o último día pra ver a exposición fotográfica “Unha ollada dende Muros ata Cee”, de Rosa Gallardo, que acolle a sala de exposicións da casa da Cultura de Cee.
- A Biblioteca Municipal de Muxía acolle ata o 6 de maio unha mostra sobre a imprenta. O horario de visita é de martes a venres de 15:30 a 20 horas.
- O faro Vilán estrea o domingo unha nova exposición de pinturas e de esculturas a cargo de Xesús Franco e de Tino Canicoba. A mostra pódese visita durante todo o mes de maio en horario de 11 a 14 horas e de 15:30 a 20 horas.
- Feira de Abril en Vimianzo. O comercio e a hostelería da vila organizaron unha campaña de promoción conxunta que terá lugar esta fin de semana onde haberá mercadillo flamencos, pinchos, atraccións para nenos, doma de cabalo e desfile de moda.
- Feira na Rúa de Fisterra. Un 30 artesáns participarán na II Feira na Rúa que terá lugar esta fin de semana en Fisterra. A cita comeza mañá cunha inauguración oficial que terá lugar ás 12 horas onde non faltará a música e os Cabezudos de Fisterra. A troula continúa durante toda a tarde e o domingo todo o día.
- Día da Muiñeira en Cee. Grupos de baile tradicional de toda a Costa da Morte e da súa contorna participan mañá no XXX Día da Muiñeira organizado pola asociación cultural Terra de Sena de Cee.
- Redacción QPC ([email protected])