Volven as festas á #AxendaCostadaMorte
08 de decembro de 2016 (07:15 h.)
- En Brens (Cee) honran o sábado e o domingo a santa Eulalia. O sábado - despois da misa e da procesión - haberá sesión vermú amenizada pola orquesta Triunfo que comparte escenario á noite coa Minidisc CDC. A misa solemne do domingo será ás 12:30 horas e logo actuarán o grupo de gaitas de Buxantes.
- A parroquia cabanesa de Nantón celebra este sábado as festas de santa Lucía cunha sesión vermú da man da Azar que repite á noite acompañada da orquesta Olympus.
- A comisión de festas de Traba organiza para este sábado unha gran churrascada gratis na casa cultural da vila. A partir das 20:30 horas contarán coa actuación do dúo Las Chicas del Swing.
- Xosé Antonio Touriñán visita o sábado Vimianzo co seu "Monólogo do Imbécil". Esta actuación, que se inclúe dentro do programa cultural organizado polo concello, comeza ás 21:30 horas na Casa da Cultura da vila. O custe da entrada é de 5€ (2,5€ reducida para maiores de 65 anos e estudantes).
- O auditorio do centro cultural de Muros acolle este sábado, ás 21:30 horas, a obra de teatro "Os vellos non deben namorarse" interpretada por Fantoches Baj.
- Varios establecementos hostaleiros de Camariñas, Ponte do Porto, Camariñas e Xaviña participan dende hoxe ata o domingo nas II xornadas gastronómicas na que as algas serán o producto protagonista.
- O faro Vilán acolle ata o 23 de decembro unha exposición de pintura da pintora local María Dolores Barcia. O horario de visita é de 11 a 14 horas e de 15:30 a 2o horas.
- Castelo de Vimianzo. A fortaleza así como a súa mostra de artesanía ao vivo pódese visitar todos os días da semana en horario de 10:30 a 14 horas e de 16 a 19 horas.
- As Torres do Allo, en Zas, poderanse visita hoxe, mañá, sábado e domingo de 11 a 19 horas.
- A rúa Coruña de Carballo, acolle ata o día 12 deste mes a mostra fotográfica Galegas coma ti da ONG Viraventos.
- A programación do Nadal Cultural organizado polo concello de Fisterra arranca este domingo cun taller de centros de mesa de Nadal.
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)