sábado. 05.07.2025
El tiempo

Volven as festas á #AxendaCostadaMorte

Volven as festas á #AxendaCostadaMorte
axenda-costa-da-morte-8-decembro-2016 Festas, risas, rutas gastronómicas, exposicións,... a #AxendaCostadaMorte trae unha gran variedade de actividades para os vindeiros días sen necesidade de moverse da comarca. Ademais, tal e como o indica o parte costeiro de 4gotas o bo tempo seguirá acompañándonos uns días máis. Hoxe e mañá serán días moi semellantes; con temperaturas moi agradables, mínimas por riba dos 10ºC e máximas nos 20. Ceos enmarañados. É dicir, por momentos azuis, noutros momentos pechados de nubes baixas (os menos) e na maioría ceos con moitas nubes brancas e con moitos rastros de estelas de avións. O venres pola tarde cubrirase de nubes baixas e o sábado é moi posible que orballe durante boa parte do día. Nos arredores de Malpica os orballos, se chegan a caer, serán moito máis esporádicos. O domingo, aínda ten un prognóstico algo incerto, pero é moi posible que volvamos a gozar dun día moi semellante ao do hoxe. Na fin de semana seguirán as temperaturas moi agradables, moi altas para estas épocas do ano. Durante toda a ponte o vento soprará do sur con refachos fortes. Festas
  •  En Brens (Cee) honran o sábado e o domingo a santa Eulalia. O sábado - despois da misa e da procesión - haberá sesión vermú amenizada pola orquesta Triunfo que comparte escenario á noite coa Minidisc CDC. A misa solemne do domingo será ás 12:30 horas e logo actuarán o grupo de gaitas de Buxantes.
  •  A parroquia cabanesa de Nantón celebra este sábado as festas de santa Lucía cunha sesión vermú da man da Azar que repite á noite acompañada da orquesta Olympus.
  • A comisión de festas de Traba organiza para este sábado unha gran churrascada gratis na casa cultural da vila. A partir das 20:30 horas contarán coa actuación do dúo Las Chicas del Swing.
Teatro
  • Xosé Antonio Touriñán visita o sábado Vimianzo co seu "Monólogo do Imbécil". Esta actuación, que se inclúe dentro do programa cultural organizado polo concello, comeza ás 21:30 horas na Casa da Cultura da vila. O custe da entrada é de 5€ (2,5€ reducida para maiores de 65 anos e estudantes).
  • O auditorio do centro cultural de Muros acolle este sábado, ás 21:30 horas, a obra de teatro "Os vellos non deben namorarse" interpretada por Fantoches Baj.
Gastronomía
  • Varios establecementos hostaleiros de Camariñas, Ponte do Porto, Camariñas e Xaviña participan dende hoxe ata o domingo nas II xornadas gastronómicas na que as algas serán o producto protagonista.
Exposicións 
  • O faro Vilán acolle ata o 23 de decembro unha exposición de pintura da pintora local María Dolores Barcia. O horario de visita é de 11 a 14 horas e de 15:30 a 2o horas.
  • Castelo de Vimianzo. A fortaleza así como a súa mostra de artesanía ao vivo pódese visitar todos os días da semana en horario de 10:30 a 14 horas e de 16 a 19 horas.
  • As Torres do Allo, en Zas, poderanse visita hoxe, mañá, sábado e domingo de 11 a 19 horas.
  • A rúa Coruña de Carballo, acolle ata o día 12 deste mes a mostra fotográfica Galegas coma ti da ONG Viraventos.
Outras citas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)

Comentarios