Volven os concertos do Conservatorio de Carballo

Os concertos serán os protagonistas desta semana no conservatorio profesional de música de Carballo, con dúas actuacións abertas a toda a cidadanía para dar a coñecer aos solistas e grupos formados no centro municipal. A primeira das citas terá lugar hoxe. Subiranse ao escenario do auditorio do Pazo da Cultura José Ramiro Perez González, Manuel Bastos Gómez, Adrián Martínez Vieites, Fabián Jamardo e Pablo Méndez Rodríguez, ou, o que é o mesmo, Atlántico Quinteto de Metais. A agrupación interpretará oito pezas de estilos moi variados, e que abranguen dende a banda sonora de “Superman” ata o clásico “Yesterday” de The Beatles. Ao día seguinte Iago Franqueira Barca, que iniciou os seus estudos musicais noConservatorio Profesional de Música de Carballo aos oito anos, e que na actualidadecursa 4º de Grao Superior na Coruña ofrecerá un concerto de piano. A música de Brahms e Chopin centrará a súa actuación. As dúas citas musicais terán lugar no auditorio do Pazo da Cultura e comezan ás 19 horas. Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Concello de Carballo