Volven os concertos do Conservatorio de Carballo
          
    08:11 09/05/17 
            
Os concertos serán os protagonistas desta semana no conservatorio profesional de música de Carballo, con dúas actuacións abertas a toda a cidadanía para dar a coñecer aos solistas e grupos formados no centro municipal.
A primeira das citas terá lugar hoxe. Subiranse ao escenario do auditorio do Pazo da Cultura José Ramiro Perez González, Manuel Bastos Gómez, Adrián Martínez Vieites, Fabián Jamardo e Pablo Méndez Rodríguez, ou, o que é o mesmo, Atlántico Quinteto de Metais. A agrupación interpretará oito pezas de estilos moi variados, e que abranguen dende a banda sonora de “Superman” ata o clásico “Yesterday” de The Beatles. Ao día seguinte Iago Franqueira Barca, que iniciou os seus estudos musicais noConservatorio Profesional de Música de Carballo aos oito anos, e que na actualidadecursa 4º de Grao Superior na Coruña ofrecerá un concerto de piano. A música de Brahms e Chopin centrará a súa actuación.
As dúas citas musicais terán lugar no auditorio do Pazo da Cultura e comezan ás 19 horas.
Novas relacionadas
- Da tradición da Raigañas, ao lírico do Conservatorio e ao pop do Youtube, con Icía Varela
 - O Conservartorio de Carballo estreita lazos coa Escola de Música de Oleiros
 
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
 - Concello de Carballo