3ª Galicia: Cambio de líder

O Resturante DÁlvaro, en Muxía, patrocina a 3ª Galega O partido sobranceiro da xornada era o xogado o sábado en Cabana, no que o Volantes arrebatou o liderato ós de Mingui. Muros e Camelle igualaron en duelo de aspirantes, e o Laxe, Nantón e Porteño obtiveron boas vitorias que os enganchan na zona alta. MUROS 1 - CAMELLE 1 MUROS: Xandre, Yerai (Lice 72´), Banana, Iván Cerilla, David Brea, Gael, Ramón, Pedro, Berni, Alvarito (Edu 81´) e Canote
CAMELLE: Adrián Pasantes, Sergio, Vieites, Barbeito, Tedín (Cristian Lema 77´), Barreiro, Miguel Riveiro, Méndez (Rodrigo 85´), Mario, Carlos e Alvaro Lema
GOLES: 0-1 13´Mario   1-1 37´David Brea
Partido grande en Muros entre dous aspirantes claros ó ascenso, que pouco a pouco se van encontrando mellor no seu fútbol e mostrando que serán claros candidatos. O Camelle, baseado no xogo dos seus mellores homes Miguel Riveiro e Barreiro, adiantouse no marcador por medio de Mario. O Muros veuse arriba tentando a igualada que chegou á media hora cun gol de David Brea. O segundo tempo foi moi competido pero o marcador non se movería. Ambos equipos eran conscientes da importancia dos puntos en xogo e de non perder contra un rival directo.
  CASTRELO 3 - CASTRIZ 3 CASTRELO: Carreira, Esteban Carballo (Dani Picallo 46´), Sergio, Gustavo, Luis Roget, Martín (Nico 63´), Maikol, Félix Roget (Michel 61´), Esteban Lema (Juan 76´), Mario (Elvis 46´) e Steven CASTRIZ: Álvaro, Rubén, Paredes, Matías, Mata, Kevin, Steven, Iván (Nakata 46´), Amarelle (Pastoriza 69´), Raúl (Martín Negreira 63´) e Landeira GOLES: 0-1 33´Mata   0-2 40´Landeira   1-2 60´Steven   1-3 65´Landeira   2-3 82´Luis Roget   3-3 89´Steven Partido de locos en Vimianzo en horario pouco habitual nos encontros costeiros. O Castriz xogou un bo primeiro tempo e chegou ó descanso con clara vantaxe no marcador e a sensación de que o partido estaba finiquitado. Pero saeu respondón o Castrelo no segundo acto, non se rendeu en ningún momento e logrou remontar a vantaxe de dous tantos que tiña o Castriz a falta de 8 minutos. O exceso de confianza visitante e o ímpetu local, acrecentado coa saída de Michel ó campo, foron as claves do resultado final. CORCUBION 1 - LAXE 3 CORCUBIÓN: Bruno, Mario Suárez, Rubén, Antón Lestón, Samuel (Asier 67´), Lema, Dantés, Gabriel, Adrián (Alex 55´), Tito (Mini78´) e Pablo Castro LAXE: Eloy, Iván, Toja (Elías 46´), Naya, Jacinto, Borja, Paredes (Ventura 46´), Gora, Santi (Manu 87´), Samu (Jorge 88´) e Adán GOLES: 0-1 3´Samu   0-2 13´Santi   1-2 70´Lema de pti 1-3 88´Manuel Un Corcubión con moitas baixas sucumbiu ante un efectivo Laxe. Antes do cuarto de hora inicial a intensidade dos visitantes adiantounos no marcador por partida doble. O Laxe defendeu o resultado de maneira ordenada, pero a expulsión de Gora fixo que o Corcubión acosara insistentemente. Reduciu distancias Lema dende o punto de penalti, e o Corcubión tivo ocasión para igualar, pero unha contra visitante sentenciou o encontro. PORTEÑO 7 - OUTES B 2 PORTEÑO: Brais, Marcos, Curra (Simaria 46´), Caamaño (Adrián 46´), Manu Castiñeiras, Cousillas, Vicente (Isma 51´), Pablo (Mario 43´), Luis, Jorge Velo (Jonathan 66´) e Juan
OUTES B: Raúl (Gorka 46´), José Lago, Cristian, Juan, Saul, Joel (Fabio 46´), Fran (Aitor 46´), Bruno (Paullo 56´), Sergio (Jasón 56´), Breno e David GOLES: 1-0 7´Juan 2-0 11´Vicente 3-0 22´Caamaño 4-0 40´Vicente 4-1 47´Sergio de pti 5-1 51´Juan 6-1 75´Luis 6-2 88´David 7-2 89´Jonathan Non houbo historia na Ponte do Porto. O Porteño goleou ó filial do Outes, sentenciando o encontro moi cedo. Ós 20 minutos o resultado era de 3-0, e un tanto máis antes do descanso fixo que os adestradores realizaran numerosos cambios no descanso para dar oportunidades de xogar a todos os seus homes, vendo que o encontro estaba finiquitado. CABANA 1 - VOLANTES 3 CABANA: Víctor, Fernando, Djamel, Duda, Ismael, Manolo Cristian (Alessandro 51´), Laik, Diego Varela (Grille 76´), José Angel e Pablo VOLANTES: Caamaño, Dani, Rapante (Godo 58´), Juan do Sivil, Mou, Thiago, Cajulo (Yeray 76´), Raúl (Riki 60´), Alberto (Pardelo 59´), Maikel e Sergio GOLES: 0-1 11´Cajulo   0-2 21´Thiago   1-2 27´José Angel de pti   1-3 29´Maikel Fíxose co liderato o Volantes vencendo en Cabana nun partido vibrante e de alternativas. O inicio foi demoledor, con 4 tantos en media hora. Cajulo aproveitando un erro da defensa e Thiago de córner directo deron ventaxa ós visitantes. Certa polémica no terceiro gol visitante, os locais aducen que o balón non traspasou a liña. O Cabana tentouno no segundo tempo, chegando a estrelar un balón José Angel no longueiro, pero o Volantes estivo moi ben asentado no terreo de xogo. A expulsión de Pablo por protestar un posible penalti acabou por matar ó Cabana. NANTON 2 - AMEIXENDA 1 NANTON: Guille, José Manuel, Pablo Romero, Gavín, Diego, Fabio (Carlos Vidal 86´), Martín, Pereira, Pastoriza (Dani Bardanca 88´), Redondo (Micael 77´) e Cristian (Iván Moreira 68´) AMEIXENDA: Santi Papi, Bruno, Oca, Samu, Camacho (Antón 76´), Susiño, Lagoa, Bicho, Cristian, Yago (Pablo 44´) e Juan Antonio (Andrés 65´) GOLES: 1-0 52´Fabio   1-1 69´Cristian   2-1 77´Pastoriza
Gran partido nas Fontiñas, moi igualado en todos os aspectos, que caeu do lado local nos últimos intres. Tras un primeiro tempo igualado co Ameixenda tratando de facer fútbol combinativo e o Nantón buscando mais as contras e un xogo rápido e directo, no segundo tempo chegaron os goles. Nunha indecisión da defensa visitante adiantouse o Nantón. Igualou pouco despois Cristian en xogada individual, e o Ameixenda lanzouse en busca da vitoria. Pero unha nova contra do Nantón tras outro erro visitante doulle a vitoria ó cadro local, importantísima ante un rival directo.