![O Resturante DÁlvaro, en Muxía, patrocina a 3ª Galega]()
O Resturante DÁlvaro, en Muxía, patrocina a 3ª Galega
O partido sobranceiro da xornada era o xogado o sábado en Cabana, no que o Volantes arrebatou o liderato ós de Mingui. Muros e Camelle igualaron en duelo de aspirantes, e o Laxe, Nantón e Porteño obtiveron boas vitorias que os enganchan na zona alta.
MUROS 1 - CAMELLE 1
MUROS: Xandre, Yerai (Lice 72´), Banana, Iván Cerilla, David Brea, Gael, Ramón, Pedro, Berni, Alvarito (Edu 81´) e Canote
CAMELLE: Adrián Pasantes, Sergio, Vieites, Barbeito, Tedín (Cristian Lema 77´), Barreiro, Miguel Riveiro, Méndez (Rodrigo 85´), Mario, Carlos e Alvaro Lema
GOLES: 0-1 13´Mario 1-1 37´David Brea
![]()
Partido grande en Muros entre dous aspirantes claros ó ascenso, que pouco a pouco se van encontrando mellor no seu fútbol e mostrando que serán claros candidatos. O Camelle, baseado no xogo dos seus mellores homes Miguel Riveiro e Barreiro, adiantouse no marcador por medio de Mario. O Muros veuse arriba tentando a igualada que chegou á media hora cun gol de David Brea. O segundo tempo foi moi competido pero o marcador non se movería. Ambos equipos eran conscientes da importancia dos puntos en xogo e de non perder contra un rival directo.
CASTRELO 3 - CASTRIZ 3
CASTRELO: Carreira, Esteban Carballo (Dani Picallo 46´), Sergio, Gustavo, Luis Roget, Martín (Nico 63´), Maikol, Félix Roget (Michel 61´), Esteban Lema (Juan 76´), Mario (Elvis 46´) e Steven
CASTRIZ: Álvaro, Rubén, Paredes, Matías, Mata, Kevin, Steven, Iván (Nakata 46´), Amarelle (Pastoriza 69´), Raúl (Martín Negreira 63´) e Landeira
GOLES: 0-1 33´Mata 0-2 40´Landeira 1-2 60´Steven 1-3 65´Landeira 2-3 82´Luis Roget 3-3 89´Steven
Partido de locos en Vimianzo en horario pouco habitual nos encontros costeiros. O Castriz xogou un bo primeiro tempo e chegou ó descanso con clara vantaxe no marcador e a sensación de que o partido estaba finiquitado. Pero saeu respondón o Castrelo no segundo acto, non se rendeu en ningún momento e logrou remontar a vantaxe de dous tantos que tiña o Castriz a falta de 8 minutos. O exceso de confianza visitante e o ímpetu local, acrecentado coa saída de Michel ó campo, foron as claves do resultado final.
CORCUBION 1 - LAXE 3
CORCUBIÓN: Bruno, Mario Suárez, Rubén, Antón Lestón, Samuel (Asier 67´), Lema, Dantés, Gabriel, Adrián (Alex 55´), Tito (Mini78´) e Pablo Castro
LAXE: Eloy, Iván, Toja (Elías 46´), Naya, Jacinto, Borja, Paredes (Ventura 46´), Gora, Santi (Manu 87´), Samu (Jorge 88´) e Adán
GOLES: 0-1 3´Samu 0-2 13´Santi 1-2 70´Lema de pti 1-3 88´Manuel
Un Corcubión con moitas baixas sucumbiu ante un efectivo Laxe. Antes do cuarto de hora inicial a intensidade dos visitantes adiantounos no marcador por partida doble. O Laxe defendeu o resultado de maneira ordenada, pero a expulsión de Gora fixo que o Corcubión acosara insistentemente. Reduciu distancias Lema dende o punto de penalti, e o Corcubión tivo ocasión para igualar, pero unha contra visitante sentenciou o encontro.
PORTEÑO 7 - OUTES B 2
PORTEÑO: Brais, Marcos, Curra (Simaria 46´), Caamaño (Adrián 46´), Manu Castiñeiras, Cousillas, Vicente (Isma 51´), Pablo (Mario 43´), Luis, Jorge Velo (Jonathan 66´) e Juan
OUTES B: Raúl (Gorka 46´), José Lago, Cristian, Juan, Saul, Joel (Fabio 46´), Fran (Aitor 46´), Bruno (Paullo 56´), Sergio (Jasón 56´), Breno e David
GOLES: 1-0 7´Juan 2-0 11´Vicente 3-0 22´Caamaño 4-0 40´Vicente 4-1 47´Sergio de pti 5-1 51´Juan 6-1 75´Luis 6-2 88´David 7-2 89´Jonathan
Non houbo historia na Ponte do Porto. O Porteño goleou ó filial do Outes, sentenciando o encontro moi cedo. Ós 20 minutos o resultado era de 3-0, e un tanto máis antes do descanso fixo que os adestradores realizaran numerosos cambios no descanso para dar oportunidades de xogar a todos os seus homes, vendo que o encontro estaba finiquitado.
CABANA 1 - VOLANTES 3
CABANA: Víctor, Fernando, Djamel, Duda, Ismael, Manolo Cristian (Alessandro 51´), Laik, Diego Varela (Grille 76´), José Angel e Pablo
VOLANTES: Caamaño, Dani, Rapante (Godo 58´), Juan do Sivil, Mou, Thiago, Cajulo (Yeray 76´), Raúl (Riki 60´), Alberto (Pardelo 59´), Maikel e Sergio
GOLES: 0-1 11´Cajulo 0-2 21´Thiago 1-2 27´José Angel de pti 1-3 29´Maikel
Fíxose co liderato o Volantes vencendo en Cabana nun partido vibrante e de alternativas. O inicio foi demoledor, con 4 tantos en media hora. Cajulo aproveitando un erro da defensa e Thiago de córner directo deron ventaxa ós visitantes. Certa polémica no terceiro gol visitante, os locais aducen que o balón non traspasou a liña. O Cabana tentouno no segundo tempo, chegando a estrelar un balón José Angel no longueiro, pero o Volantes estivo moi ben asentado no terreo de xogo. A expulsión de Pablo por protestar un posible penalti acabou por matar ó Cabana.
NANTON 2 - AMEIXENDA 1
NANTON: Guille, José Manuel, Pablo Romero, Gavín, Diego, Fabio (Carlos Vidal 86´), Martín, Pereira, Pastoriza (Dani Bardanca 88´), Redondo (Micael 77´) e Cristian (Iván Moreira 68´)
AMEIXENDA: Santi Papi, Bruno, Oca, Samu, Camacho (Antón 76´), Susiño, Lagoa, Bicho, Cristian, Yago (Pablo 44´) e Juan Antonio (Andrés 65´)
GOLES: 1-0 52´Fabio 1-1 69´Cristian 2-1 77´Pastoriza
![]()
Gran partido nas Fontiñas, moi igualado en todos os aspectos, que caeu do lado local nos últimos intres. Tras un primeiro tempo igualado co Ameixenda tratando de facer fútbol combinativo e o Nantón buscando mais as contras e un xogo rápido e directo, no segundo tempo chegaron os goles. Nunha indecisión da defensa visitante adiantouse o Nantón. Igualou pouco despois Cristian en xogada individual, e o Ameixenda lanzouse en busca da vitoria. Pero unha nova contra do Nantón tras outro erro visitante doulle a vitoria ó cadro local, importantísima ante un rival directo.