3ª Galicia: Volantes e Muros a un paso do ascenso
26 de febreiro de 2018 (11:32 h.)
C.D. NANTÓN 1 - VOLANTES DE BAÑO F.C. 2
NANTÓN: Guille, Lareu, Pablo, Gavín, Diego, Pereira, Fabio, Cristian, Pastor, Martín e Micael. Tamén xogaron Redondo, Moreira, Eloy e Dani.
VOLANTES: Javira, Tico, Dani, Rapante, Mou, Cajulo, Raúl, Santi, Miguel, Javi e Picho. Tamén xogaron Ricardo, Juan do Sivil, Alberto e Yerai.
GOLES: 0-1 82´Javi 1-1 87´Iván Moreira 1-2 89´Juan do Sivil
Expulsado Martín 89´
O Volantes terá que esperar a celebrar o ascenso no Eleuterio Balayo, pois a pesar da sufrida vitoria de onte, o triunfo do Cabana impediu que a festa se iniciase. O encontro foi de locos, especialmente o final, onde o gol de Javi parecía darlle a vitoria ó Volantes, pero o Nantón buscou o empate e atopouno a pouco do final. Cando parecía que se ía ir con igualada ós vestiarios Juan do Sivil anotou un tanto que pode significar un título.
C.D. MUROS 2 - SP. SEAIA C.F. 0
MUROS: Xandre, Berni, Pedro, Iván Cerilla, Gael, Ramón, Javi, Banana, Saúl, Pedro Fdez., Alvarito. Tamén xogaron Xavier, David Brea, Lice e Alex.
SEAIA: Camafreita, Jorge Parga, Juni, Mario, Uru, Sergio, Diego, Adrián Parga, Josi, Vistas e Mara. Tamén xogaron Alvaro Ramos e Darío.
GOLES: 1-0 5´Ramón 2-0 63´Xandre
O Muros está a un paso do ascenso despois da súa vitoria onte ante o perigoso Seaia por 2-0. Con unha vitoria máis os muradáns serán equipo de 2ª Galicia, pero o interese está máis en quen se leva o título, pois a loita cos veciños do Volantes promete ser antolóxica. Onte un tanto tempraneiro de Ramón púxolle de cara o encontro ós de Bibi, que sentenciaron mediado o segundo tempo, ante un bo Seaia, que ten homes de calidade, pero acusa certa fraxilidade defensiva.
C.F. CASTRELO 2 - CAMELLE S.D. 0
CASTRELO: Carreira, Esteban, Mario, Luis, Steven, Maikol, Dani Picallo, Martín, Carballo, Fabio e Félix. Tamén xogaron Sergio Lema, Juan, Nico e Oscar.
CAMELLE: David Caamaño, Sergio, Pablo, Rodrigo, Vieites, Adrián Tajes, Adrián Pasantes, Barreiro, Miguel Riveiro, Méndez e Mario. Tamén xogaron Rubén, Roi, David, Alvaro Lema e Alvaro Canosa.
GOLES: 1-0 44´Esteban 2-0 55´Steven
Expulsados Fabio 89´, David Caamaño 88´e Vieites 89´
O Castrelo segue a sorprender e o sábado fixoo cun Camelle que buscaba a vitoria para ir asegurando unha plaza de promoción. Un tanto xusto antes do descanso e outro á volta dos vestiarios déronlle os tres puntos ós locais. O encontro acabou con tres expulsados, dous por parte visitante e un por parte local.
U.D. CORCUBIÓN 1 - S.D. CASTRIZ 1
CORCUBIÓN: Abe, Mario, Rubén, Carlos, Antón, Samu, Lema, Asier, Dantés, Gabri e Pablito. Tamén xogaron Tito e Alexandro.
CASTRIZ: David, Rubén, Toniño, Adrián, Mata, Steven, Negreira, Nakata, Iván, Raúl e Javi. Tamén xogaron Jonathan, Adrián Balsa e Alvaro.
GOLES: 1-0 47´Mario 1-1 65´Nakata
Partido moi igualado o do sábado en Corcubión. Pouco fútbol e moito xogo directo no 1º tempo, na que non houbo apenas ocasións. Un bo pase de Antón aproveitouno Mario para adiantar ós locais. O Castriz adiantou liñas, buscou o empate, e atopouno á saída dun córner por medio do seu dianteiro Nakata. Ata o final ambos equipos tiveron ocasións pero o empate non se movería.
C.F. PORTEÑO 2 - S.D. LAXE 1
PORTEÑO: Jonathan, Adrián Sendón, Caamaño, Pejo, Manu Castiñeiras, Jorge, Cousillas, Wii, Luis, Isma e Angel. Tamén xogaron Velo, Xoel e Martín.
LAXE: Eloy, Toja, Naya, Jacinto, Borja, Santi, Paredes, Jorge, Elías, Bieito e Gora. Tamén xogaron Veciño, Iván Ventura e Íñigo.
GOLES: 0-1 5´Santi 1-1 33´Naya en pp 2-1 61´Jorge Velo
Expulsado Ventura 57´
Partidazo típico da Grixa, onde o cadro local remontou ante un bo Laxe, para seguir tendo opcións de promoción de ascenso. Adiantouse o equipo visitante por medio dese talentoso xuvenil, Santi, pero á media hora a fortuna non acompañou ó Laxe, que igualou cun tanto en propia porta. A expulsión de Ventura aproveitouna o Porteño para anotar o segundo tanto mediado o 2º tempo e levarse o partido, moi igualado.
CABANA S.D. 5 - OUTES B F.C. 2
CABANA: Diego, Duda, Isma, Fariña, Castro, Mateo, Manolo, Cristian, Cacha, Ferreiro e Pablo. Tamén xogaron Manu e Iago.
OUTES B: Gorka, César, Juan, Saúl, Fabio, Paullo, Jasón, Fran Bouzas, Aitor, Breno e Sergio Lado. Tamén xogaron Tirnes, Nieto e Adrián.
GOLES: 0-1 4´Fabio 1-1 22´Pablo 1-2 35´Paullo 2-2 43´Pablo 3-2 64´Cacha 4-2 70´Mateo 5-2 89´Cacha
Sufriu moito o Cabana, sobre todo no 1º tempo, para imporse ó filial do Outes. Os visitantes adiantáronse por dúas veces no marcador, mandaron un balón ó pao, e tiveron ocasións para ir ganando ó descanso. Pero no 2º tempo a cousa cambiou. A raíz do terceiro gol, anotado de penalti por Cacha, o Cabana foi superior, mandaron 2 balóns ó pao e anuláronlle un gol a Cristian.