Sábado. 18.05.2024
El tiempo

3ª Galicia: Volantes e Muros a un paso do ascenso

3ª Galicia: Volantes e Muros a un paso do ascenso
C.D. NANTÓN 1 - VOLANTES DE BAÑO F.C. 2 NANTÓN: Guille, Lareu, Pablo, Gavín, Diego, Pereira, Fabio, Cristian, Pastor, Martín e Micael. Tamén xogaron Redondo, Moreira, Eloy e Dani. VOLANTES: Javira, Tico, Dani, Rapante, Mou, Cajulo, Raúl, Santi, Miguel, Javi e Picho. Tamén xogaron Ricardo, Juan do Sivil, Alberto e Yerai. GOLES: 0-1 82´Javi   1-1 87´Iván Moreira   1-2 89´Juan do Sivil Expulsado Martín 89´ O Volantes terá que esperar a celebrar o ascenso no Eleuterio Balayo, pois a pesar da sufrida vitoria de onte, o triunfo do Cabana impediu que a festa se iniciase. O encontro foi de locos, especialmente o final, onde o gol de Javi parecía darlle a vitoria ó Volantes, pero o Nantón buscou o empate e atopouno a pouco do final. Cando parecía que se ía ir con igualada ós vestiarios Juan do Sivil anotou un tanto que pode significar un título. C.D. MUROS 2 - SP. SEAIA C.F. 0 MUROS: Xandre, Berni, Pedro, Iván Cerilla, Gael, Ramón, Javi, Banana, Saúl, Pedro Fdez., Alvarito. Tamén xogaron Xavier, David Brea, Lice e Alex. SEAIA: Camafreita, Jorge Parga, Juni, Mario, Uru, Sergio, Diego, Adrián Parga, Josi, Vistas e Mara. Tamén xogaron Alvaro Ramos e Darío. GOLES: 1-0 5´Ramón   2-0 63´Xandre O Muros está a un paso do ascenso despois da súa vitoria onte ante o perigoso Seaia por 2-0. Con unha vitoria máis os muradáns serán equipo de 2ª Galicia, pero o interese está máis en quen se leva o título, pois a loita cos veciños do Volantes promete ser antolóxica. Onte un tanto tempraneiro de Ramón púxolle de cara o encontro ós de Bibi, que sentenciaron mediado o segundo tempo, ante un bo Seaia, que ten homes de calidade, pero acusa certa fraxilidade defensiva. C.F. CASTRELO 2 - CAMELLE S.D. 0 CASTRELO: Carreira, Esteban, Mario, Luis, Steven, Maikol, Dani Picallo, Martín, Carballo, Fabio e Félix. Tamén xogaron Sergio Lema, Juan, Nico e Oscar. CAMELLE: David Caamaño, Sergio, Pablo, Rodrigo, Vieites, Adrián Tajes, Adrián Pasantes, Barreiro, Miguel Riveiro, Méndez e Mario. Tamén xogaron Rubén, Roi, David, Alvaro Lema e Alvaro Canosa. GOLES: 1-0 44´Esteban   2-0 55´Steven Expulsados Fabio 89´, David Caamaño 88´e Vieites 89´ O Castrelo segue a sorprender e o sábado fixoo cun Camelle que buscaba a vitoria para ir asegurando unha plaza de promoción. Un tanto xusto antes do descanso e outro á volta dos vestiarios déronlle os tres puntos ós locais. O encontro acabou con tres expulsados, dous por parte visitante e un por parte local. U.D. CORCUBIÓN 1 - S.D. CASTRIZ 1 CORCUBIÓN: Abe, Mario, Rubén, Carlos, Antón, Samu, Lema, Asier, Dantés, Gabri e Pablito. Tamén xogaron Tito e Alexandro. CASTRIZ: David, Rubén, Toniño, Adrián, Mata, Steven, Negreira, Nakata, Iván, Raúl e Javi. Tamén xogaron Jonathan, Adrián Balsa e Alvaro. GOLES: 1-0 47´Mario   1-1 65´Nakata Partido moi igualado o do sábado en Corcubión. Pouco fútbol e moito xogo directo no 1º tempo, na que non houbo apenas ocasións. Un bo pase de Antón aproveitouno Mario para adiantar ós locais. O Castriz adiantou liñas, buscou o empate, e atopouno á saída dun córner por medio do seu dianteiro Nakata. Ata o final ambos equipos tiveron ocasións pero o empate non se movería. C.F. PORTEÑO 2 - S.D. LAXE 1 PORTEÑO: Jonathan, Adrián Sendón, Caamaño, Pejo, Manu Castiñeiras, Jorge, Cousillas, Wii, Luis, Isma e Angel. Tamén xogaron Velo, Xoel e Martín. LAXE: Eloy, Toja, Naya, Jacinto, Borja, Santi, Paredes, Jorge, Elías, Bieito e Gora. Tamén xogaron Veciño, Iván Ventura e Íñigo. GOLES: 0-1 5´Santi   1-1 33´Naya en pp   2-1 61´Jorge Velo Expulsado Ventura 57´ Partidazo típico da Grixa, onde o cadro local remontou ante un bo Laxe, para seguir tendo opcións de promoción de ascenso. Adiantouse o equipo visitante por medio dese talentoso xuvenil, Santi, pero á media hora a fortuna non acompañou ó Laxe, que igualou cun tanto en propia porta. A expulsión de Ventura aproveitouna o Porteño para anotar o segundo tanto mediado o 2º tempo e levarse o partido, moi igualado. CABANA S.D. 5 - OUTES B F.C. 2 CABANA: Diego, Duda, Isma, Fariña, Castro, Mateo, Manolo, Cristian, Cacha, Ferreiro e Pablo. Tamén xogaron Manu e Iago. OUTES B: Gorka, César, Juan, Saúl, Fabio, Paullo, Jasón, Fran Bouzas, Aitor, Breno e Sergio Lado. Tamén xogaron Tirnes, Nieto e Adrián. GOLES: 0-1 4´Fabio   1-1 22´Pablo   1-2 35´Paullo   2-2 43´Pablo   3-2 64´Cacha   4-2 70´Mateo   5-2 89´Cacha Sufriu moito o Cabana, sobre todo no 1º tempo, para imporse ó filial do Outes. Os visitantes adiantáronse por dúas veces no marcador, mandaron un balón ó pao, e tiveron ocasións para ir ganando ó descanso. Pero no 2º tempo a cousa cambiou. A raíz do terceiro gol, anotado de penalti por Cacha, o Cabana foi superior, mandaron 2 balóns ó pao e anuláronlle un gol a Cristian.

Comentarios