400 ciclistas tomaron os montes de Carnota nunha nova BTT dominada por Triki

Nada menos que 400 participantes na II Ruta BTT de Carnota, no marco da Mostra Víndemo Ver de Semana santa. A Senda Verde carnotá serviu para os ciclistas vesen Carnota dende arriba, e para que se enlamasen ven.

Saíron dende a praza do Concello e estiveron unhas 3 horas para realizar o percorrido. E tras varias pelexas, non houbo sorpresas no podio masculino. Volveu ser o muradán Triki o campión, e parece que estas carreiras están decididas dende o comezo unha vez que é o gañador de todas as últimas probas da bisbarra.

Esta é a Clasificación final:

  • Masculino:
    1.- José Vicente Formoso “Triki”.
    2.- Gustavo Nantón Pose.
    3.- Cristobal López Gómez.
  • Feminino:
    1.- Cristina Paz García.
    2.- Olga Formoso Beiro.
    3.- María Josefa Caamaño.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).