Luns. 29.04.2024
El tiempo

Dumbría tamén supera a meteroloxía adversa e afianza a BTT no panorama galego

Dumbría tamén supera a meteroloxía adversa e afianza a BTT no panorama galego
Unha imaxe das duras condicións desta BTT Dumbría 2013

Todo son boas palabras nas redes sociais para o Club Ciclista Dumbría pola boa organización, pola fermosa ruta escollida, polo xantar... E iso que o malísimo tempo facía que "só" 280 ciclistas tomasen a saída na mañá do sábado, conseguindo que a BTT Dumbría se consolide coma unha citas a ter en conta dentro do panorama galego do ciclismo de montaña. Algo que xa conseguira o ano pasado, pero que vén de rubricalo neste 2013 gracias ao gran traballo de todo o Concello.

BTT Dumbria 2013

Todo comezaba ás 8,45 cando os deportistas pasaban a recoller os correspondentes dorsais, onde na parte posterior deste mismo, se indicaba un nómero de asistencia en ruta, que ao final foi máis que solicitado. Unha vez repartidos os dorsais, un total de 278, cun retraso se dez minutos sobre a hora prevista, os ciclistas tomaron os montes de Dumbría.

Un total de 5 quads, 1 moto de monte, 2 todoterrenos pick-up, furgoneta avituallamento e todo o operativo de protección civil acompañaban ao pelotón. A choiva non daba tregua, o vento ía cada vez a máis, e por riba, en cotas altas unha espesa néboa fria que dificultaba a localización das sinais, unha aventura tremenda polos camiños enlamados.
Os abandonos dos participantes medraban por diversas razóns, averías mecánicas, frío, cansanzo etc... Os coches de asistencia non paraban de recoller ciclistas por todo o percorrido, acto moi recoñecido e aplaudido por todos. Pero pesar de todo isto, a maioria completou o percorrido.

BTT Dumbria 2013

E a que non sabedes quen foi o primeiro en cruzala meta? Pois si, cun tempo de 2h e 40 minutos, o campión non foi outro co director deportivo do club ciclista local, Vicente Formoso Otero, máis coñecido como Triki, que xa vencera o ano pasado. Entraba por diante dun gran grupo de ciclistas dumbrieses que chegaban co primeiro pelotón.

Na liña de meta non faltaban produtos recuperadores, batidos, bebidas enerxéticas... todo elo nunha carpa cortesía da empresa Nutrisport, uns dos patrocinadores da ruta, servizo de masaxes recuperadores, camiseta conmemorativa, exposición de bicicletas e un xantar composto por ensalada de pasta e churrasco. Aí é nada para recuperar forzas. Son estas cousas as que agradecen os participantes

Os premios foron para o clube máis numeroso os Jarnachas de Arteixo; o do participante máis novo para o dumbriés Bertín Ramos.

Un bo xantar para rematar é o que máis presta aos participantes e aí o Concello de Dumbría responde

En primeira persoa

Non podemos deixar de compartir aquí un dos vídeos de Víctor Sende, que se no seu nos deixa toda a crónica da carreira no seu blog, aquí podemos comprobar a dureza da mesma.

Un traballo conxunto

Así estiveron arrimando o hombreiro os socios do clube, os veciños metendo unha man, os cociñeiros, Protección Civil, a xente do Bar, os encargados de entregar os dorsais, os que ían nas motos e nos quads coidando en ruta aos participantes, os do avituallamento, a brava técnica de turismo... Toda a familia dumbriesa puxo o seu gran de area para que Galicia xa tome esta proba da Costa da Morte como unha auténtica referencia.

Vindeiras probas

Se xa estamos pendentes da proba de Carnota de Semana Santa, por Dumbría xa teñen outras cantas citas preparas cas dúas rodas. Así, as vindeiras citas de ciclismo en Dumbría, todas elas a nivel Federado, son:

  • 11 de maio: Mini BTT e Open Ralli.
  • 1 de xuño: Ruta de carretera para as Escolas e Cadetes.
  • 8 de xuño: Ruta cicloturista de carretera Desafío do Atlántico con subida ao Mirador de Ézaro.

E como non, todos tamén co ollo posto no 27 de agosto, na etapa da Fin do Mundo de La Vuelta 2013.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios