Como se non quixeran xogala...

Pinchou o San Lorenzo en Ponteceso, pero o Corme, que caeu en Castriz, non fixo o seu traballo para ser subcampión; a zona de arrastres mantense inamovible e Castriz e Coristanco deberán agardar
O Zas despediuse da Primeira en Villestro Deixou menos novas do agardado o acto final da Primeira e a Segunda, na que a gran novidade foi que o Fisterra acadou o punto que lle restaba para garantir a súa continuidade na segunda máxima categoría autonómica. A emoción estivo na Liga da Costa, onde o San Lorenzo entrou na promoción de ascenso a pesares de caer derrotado no Pinguel. Prácticamente matemático é xa na Preferente o descenso do Soneira. Aos tres directos hai que sumarlle os catro arrastres provocados pola Terceira División, que fan inalcanzable ao Betanzos. O problema é que na práctica pouca expectativa de gañar encontros ten o cadro vimiancés, goleado desta por un candidato a ascenso que aproveitou un débil estado emocional… e físico. Os costeiros poden como moito tentar fuxir da caída automática e rezar por unha milagre nas promocións de ascenso, e aínda así semella traballo divino. A Primeira trouxo boas novas por fin, e a SD Fisterra acadou, non sen sufrimento, o punto que lle restaba para seguir na categoría. Foi no último suspiro e evidenciando que os de Nacho necesitan vacacións urxentes. Era intrascendente o resto dunha xornada que deixou o triunfo-homenaxe dun Dumbría que levou a liga con máis de tres encontros de vantaxe, e na que os descendidos Sporting Zas e Outes marcharon con diferente sorte: os primeiros goleados en Piloño e os de Cambeiro cunha vitoria en Villestro que fai lamentar máis se cabe o sucedido hai unha semana ante o Silleda Na Liga da Costa parecía non haber oposicións a subcampión. Curiosamente, o Ponteceso fíxolle un favor ao seu eterno rival, o Corme. Os de Barca derrotaron ao San Lorenzo e só debían os percebeiros vencer en Castriz para acadar a prata ligueira. Non foi así e o encontro de San Pedro acabou por ser inútil. Non lle vale aos xalleiros para escalar posicións, nin tampouco aos visitantes para xogarse unha praza en Primeira. Será o aínda asustado San Lorenzo o que busque sorte ante o Praíña de Teo e o Belvís. Non se moveu por debaixo a táboa, na que quedan a expensas do que suceda Castriz, Coristanco e incluso Buño, con moi pouco perigo para os oleiros. Todos cumpriron. Salvou os mobles in extremis un Camariñas ao que o Porteño case mete en problemas moi graves. Festival de goles e borrón e conta nova na vila do Encaixe.

Completa xornada de Fútbol Base

Ademais, esta fin de semana tivo o ollo posto no Fútbol Base. Nas categorías altas, os campións ligueiros de Xuvenís, Cadetes e Infantís non tiveron sorte e non pasaron o primeiro corte nas súas Fases de Ascenso á Liga Galega, polo que terán que empezar de novo en Cuartos.

A que si que foi unha festa completa da nosa canteira foi a cita no san Paio de Refoxos, coa celebración das finais das Copas da Costa de F8 que vencían Cee, Outes e Dumbría.

 

PreferenteNorte, xornada 36

 

1ªAutonómica, Gr.2, xornada 34

 

2ªAutonómica, Gr.2, xornada 34

 

FasedeAscenso ás Ligas Galegas Xuvenil, Cadete e Infantil

 

LigaGalega Xuvenil, xornada 32

LigaGalega Cadete, xornada 32

LigaGalega Infantil, xornada 32

 

CopadaCosta Cadete, ida das semis

 

CopadaCosta Infantil, ida dos Cuartos

 

CopadaCosta de F8

En www.copadacosta.com  

CopadaCosta de Veteranos

 

Máisinformación