Como se non quixeran xogala...

21:22 14/05/17
Pinchou o San Lorenzo en Ponteceso, pero o Corme, que caeu en Castriz, non fixo o seu traballo para ser subcampión; a zona de arrastres mantense inamovible e Castriz e Coristanco deberán agardar
O Zas despediuse da Primeira en Villestro
Deixou menos novas do agardado o acto final da Primeira e a Segunda, na que a gran novidade foi que o Fisterra acadou o punto que lle restaba para garantir a súa continuidade na segunda máxima categoría autonómica. A emoción estivo na Liga da Costa, onde o San Lorenzo entrou na promoción de ascenso a pesares de caer derrotado no Pinguel.
Prácticamente matemático é xa na Preferente o descenso do Soneira. Aos tres directos hai que sumarlle os catro arrastres provocados pola Terceira División, que fan inalcanzable ao Betanzos. O problema é que na práctica pouca expectativa de gañar encontros ten o cadro vimiancés, goleado desta por un candidato a ascenso que aproveitou un débil estado emocional… e físico. Os costeiros poden como moito tentar fuxir da caída automática e rezar por unha milagre nas promocións de ascenso, e aínda así semella traballo divino.
A Primeira trouxo boas novas por fin, e a SD Fisterra acadou, non sen sufrimento, o punto que lle restaba para seguir na categoría. Foi no último suspiro e evidenciando que os de Nacho necesitan vacacións urxentes. Era intrascendente o resto dunha xornada que deixou o triunfo-homenaxe dun Dumbría que levou a liga con máis de tres encontros de vantaxe, e na que os descendidos Sporting Zas e Outes marcharon con diferente sorte: os primeiros goleados en Piloño e os de Cambeiro cunha vitoria en Villestro que fai lamentar máis se cabe o sucedido hai unha semana ante o Silleda
Na Liga da Costa parecía non haber oposicións a subcampión. Curiosamente, o Ponteceso fíxolle un favor ao seu eterno rival, o Corme. Os de Barca derrotaron ao San Lorenzo e só debían os percebeiros vencer en Castriz para acadar a prata ligueira. Non foi así e o encontro de San Pedro acabou por ser inútil. Non lle vale aos xalleiros para escalar posicións, nin tampouco aos visitantes para xogarse unha praza en Primeira. Será o aínda asustado San Lorenzo o que busque sorte ante o Praíña de Teo e o Belvís. Non se moveu por debaixo a táboa, na que quedan a expensas do que suceda Castriz, Coristanco e incluso Buño, con moi pouco perigo para os oleiros. Todos cumpriron. Salvou os mobles in extremis un Camariñas ao que o Porteño case mete en problemas moi graves. Festival de goles e borrón e conta nova na vila do Encaixe.
En www.copadacosta.com

Completa xornada de Fútbol Base
Ademais, esta fin de semana tivo o ollo posto no Fútbol Base. Nas categorías altas, os campións ligueiros de Xuvenís, Cadetes e Infantís non tiveron sorte e non pasaron o primeiro corte nas súas Fases de Ascenso á Liga Galega, polo que terán que empezar de novo en Cuartos.
A que si que foi unha festa completa da nosa canteira foi a cita no san Paio de Refoxos, coa celebración das finais das Copas da Costa de F8 que vencían Cee, Outes e Dumbría.
PreferenteNorte, xornada 36
1ªAutonómica, Gr.2, xornada 34
2ªAutonómica, Gr.2, xornada 34
FasedeAscenso ás Ligas Galegas Xuvenil, Cadete e Infantil

LigaGalega Xuvenil, xornada 32
LigaGalega Cadete, xornada 32
LigaGalega Infantil, xornada 32
CopadaCosta Cadete, ida das semis

CopadaCosta Infantil, ida dos Cuartos

CopadaCosta de F8

CopadaCosta de Veteranos

Máisinformación
- www.copadacosta.com.
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.