A canteira do tenis de mesa de Zas demostrou estar moi viva no Lalín Arena

Esta pasada fin de semana familia de tenis de mesa da Costa da Morte trasladouse ao Lalín Arena para disputar o Campionato Nacional Zonal Norte. Equipos de Asturias, Cantabria, Castela e León, País Vasco e Galicia competían neste torneo clasificatorio para os Campionatos de España, que organizaba a Federación Galega de Tenis de mesa.

Foron 5 os xogadores que competiron en diferentes categorías de base. E malia que ningún acadou a clasificación si que demostraron que a canteira de Zas ten futuro.

En infantís Joel Quintáns e Gabriel Bouzas non pasaron a fase de grupos.

Pola súa banda, Brais Blanco, en alevín masculino, quedou 2º no seu grupo tras perder nas eliminatorias contra o que fixo medalla de bronce final da categría.

Ademais, en categorías feminina tamén houbo dúas participantes: Laura Quintáns, en alevín femenino, que non se clasificou a pesar de quedar 3ª no seu grupo; e Lorena Castro, en benxamín femenino, que quedou 2ª no seu grupo e 4ª na clasificación xeral, un dos mellores acadados polos costeiros.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

  • Nota de prensa da A.D. Anorthosis Vimianzo, da man de Estevo Lema.