Anorthosis e Aquacenit caen a puntos


Malos resultados os colectados o sábado pasado nos encontros dos equipos de tenis de mesa da bisbarra celebrados no ximnasio do CPI de Zas. O Lalín B levou dúas vitorias pola mínima tras uns encontros moi igualados nunha auténtica tarde maratoniana que comezaba ás 16:00h e non remataba ata as 21:15h.
O feito de que en sets gañase Anorthosis e empatase Aquacenit expresa ben claro do igualado dos encontros.
2ª División galega grupo centro
- Anorthosis Vimianzo - CTM Lalín "B" (3-4) // (16-15)
- Concello de Zas Aquacenit - CTM Lalín "B" (3-4) // (13-13)
Cómpre dicir que os 3 primeiros partidos duraron media hora así que no tempo en que soe rematar un encontro normal estabamos na metade. Tódolos partidos foron moi disputados con puntos moi largos, nalgún deles o resultado final non reflexa o disputado que foi cada set.
En resumo podemos decir que os encontros decidironse en contra dos equipos da casa nos primeiros partidos que se perderon despois de dispoñer de varias bolas para gañar o partido e que ao final se pagou perdendo o encontro, que nunca se deu por perdido, pois loitouse ata a última bola.
Novas relacionadas
- Unha de cal e unha de area para os equipos costeiros de tenis de mesa.
- Gran expectación para o derbi de tenis de mesa que abríu a tempada.
- A renovada familia Anorthosis comeza o curso a base de churrasco.
Máis novas
Fonte
- Nota de prensa da A.D. Anorthosis Vimianzo, da man de Estevo Lema.