A Carreira Canle de Lira cumple a súa 20ª edición

Xa está en marcha a XX Carreira a Pé Canle de Lira. O 10 de agosto, atletas de todas as idades percorrerán o circuito acondicionado na zona de Mar de Lira, coma sempre da man da A.C. Canle.

Unha carreira popular, pero esixente, na que competirán as seguintes categorías: Prebenxamín, benxamín, alevíns, infantís, cadetes, xuvenís, seniors A-B, veteráns A-B.

Para todos, ao remate, e que sirva de acicate para non botarse atrás, sardiñada e pementos de padrón.

Máis información e inscricións

A inscripción é de balde, e poderase facer enviando un correo a carreiraapecanle@gmail.com co nome, apelidos e data de nacemento ou ben o mesmo día da carreira a partires das 16:00h en Mar de Lira.

Percorridos

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).