Sábado. 04.05.2024
El tiempo

Lira pon guapa e goza da súa cabaseira

Lira pon guapa e goza da súa cabaseira

Doble xornada festeira esta fin de semana en Lira. A Asociación Cultural Canle ten días para degustala, tras recibir un premio polo seu traballo na recuperación da contorna da cabaseira de Lira, e celebralo cun enorme Festórreo. I é que a asociación carnotá recibía o venres o Premio do I Concurso de embelecemento de entornos do Concello de Carnota, e sen tempo, celebraba o sábado o seu I Festórreo, unha fusión de conceptos que brindaron unhas escenas espectaculares.

Concurso de embelecemento de entornos do Concello de Carnota

A recuperacion do Entorno da Cabaceira de Lira levou o primeiro premio do Concurso de Embelecemento de Carnota

Tivo lugar o pasado venres no Salón de Plenos do Concello efectuouse a entrega do Premio do I Concurso de embelecemento de entornos do Concello de Carnota. O Concello decidiu premiar o traballo da asociación Canle de Lira polo seu traballo na contorna da Cabaceira de Lira, o mítico Hórreo de Lira. E os motivos son claros: recuperar o patrimonio, a colaboración veciñal, e a recuperación dun espazo público para o ben común e a súa revalorización dun ben de atracción turística.

Por parte da Asociación Canle, recolliu o premio de mans do portavoz do xurado, Brais Louro Fernández, Jesús Trillo coma presidente, quen agradeceu aos socios e veciñanza de Lira por levar adiante un proxecto de adecentamento e recuperación do entorno. Nesa labor dixo que "non gana un, senón que gaña o municipio de Carnota, xa que a bon seguro este tipo de iniciativas serán levadas a cabo por outras asociacións, con poucos medios, pero con gran esperítu de colaboración e compañerismo".

Membros da AC Canle de Lira recollendo o primeiro premio de Embelecemento de Carnota

Pola súa parte, o Alcalde Ramón Noceda, invitou xa aos presentes a participar no II Concurso do ano que vén, animando a seguir evolucionando os proxectos presentados, e animar os colexios a introducir dentro dos seus procesos formativos as materias relacionadas co civismo e respecto ao medio.

Menudo Festórreo

Tradicion gastronomia e festa no Festorreo de Lira-Foto-David Trillo

E que mellor forma de celebralo galardón que cun tremendo Festórreo. Estrano non ter escoitado máis veces este concepto no país dos cabazos e das festas, e foron estes lirachos os primeiros en explotalo. E de que maneira. Paraxe incomparable e festa e humor por todas as esquinas da Eira do Cura, cun pedado de Locomotórreo preparadísimo para emprender unha viaxe humorística de alto risco.

A gastronomía e a tradición abrían a xornada polo día, con empanadas da casa, así como baile e música da organizadora Canle. Pero o verdadeiro protagonista foi o humor. I é que facía 7 anos que non vían en Lira o "Canle Nius". E menudo elenco para presentar as novas máis disparatadas de Lira, Belén da Cregha, Xaquín da Burraca, Miguel de Lira e Fede Pérez.

Non quedou aí a noite, e soou a música con Pablo Balseiro, a Banda Crecbinsky e mais a Banda de Poi, antes de ler o conxuro facendo a queimada.

Festorreo de Lira-Foto- David Trillo

E así celebrou os seus 21 anos de festa (o ano pasado cumplían os 20) os bravos da xente de Canle de Lira. E que sexan moitos máis, e con este humor.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios