Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Breogán dase cita cun festón de exaltación gastronómica do multiproduto galego

Breogán dase cita cun festón de exaltación gastronómica do multiproduto galego
Festa de Breogan 2013 no Porto de Lira

Non paran en Lira, i é que sonche festexeiros de primeira. Se a semana pasada o humor invadía a Cabaseira, os vindeiros 26, 27 e 28 de xullo, o porto de Lira, en Carnota, acollerá a fermosa Festa de Breogán.

Unha fermosa iniciativa producida polo colectivo DalleQlibras e o Forum Celticum de Culleredo, que en chave de festa mesturando música galego-balcánica, humor, teatro e moita gastronomía. Será a segunda edición, e a primeira foi o mes pasado Culleredo e tivo moi boa pinta:

E xa o din eles: "Galicia é o país das festas e das feiras". E se ben hai ducias de festas de exaltación de diferentes produtos, "non obstante, bótase en falta unha gran festa de exaltación de produtos galegos varios, non centrada nun único xénero senón na promoción do que produce a nosa terra, o noso mar e/ou as mans e a creatividade dos galegos e as galegas. Isto é, unha festa multi­produto na que o importante non é o lugar no que se celebre, senón o seu contido, que terá como eixo común e fío condutor a riqueza, tanto material como inmaterial, da terra galega".

Unha festa autoproducida e autosustenable, potenciando a cultura galega, semellante, pero máis gastronómica que musica, que as propostas Verbena galega e "Galicia On the road”. Así que, moita sortee!!

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios