A choiva non empañou un gran día do Pequebasket
Espectacular ver 650 nenos disfrutando do deporte. Non puido a chuvia co V Día do Pequebasket en Carballo, e a familia Xiria celebrou a tope o Día das Letras Galegas en clave deportiva.
Eran as 10:30h cando se xuntaban para botar a foto máis esperada, salpicada desta volta polo leite galego. Dende aí comezaron os partidos, con emisións en directo para a TVG.
O máis emocionante foi a sorpresa da visita de dous xogadores do Clube de ACB Obradoiro CAB de Santiago de Compostela. O mítico Alberto Corbacho e Pepe Pozas e compartían encantados fotos cos máis pequenos e con entrenadores dos 52 equipos participantes no evento.
Ainda que a choiva non permitía desfrutar dos distintos xogos que tiña preparados a Escola Basket Xiria, o tempo ía pasando moi axiña para os baloncestistas de 5 a 8 anos, que compartían o xantar con productos saúdables, entre os que se encontraba o brick de leite 100% galego, así como bocadillos, auga, zumes e fruta.
Tamén disfrutaron os alumnos da Asociación Un Paso Máis, uns dos que mellor demostran pola zona o bo que é o deporte para a inclusión.
Xa pola tarde, e sen choiva, os cativos gozaron dos hinchables, coches a pedais, pintacaras, globoflexia, xogos tradicionais, etc…
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).