venres. 09.05.2025
El tiempo

A choiva non empañou un gran día do Pequebasket

A choiva non empañou un gran día do Pequebasket
Foto de familia do Dia Pequebasket en Carballo Foto de familia do Dia Pequebasket en Carballo

Espectacular ver 650 nenos disfrutando do deporte. Non puido a chuvia co V Día do Pequebasket en Carballo, e a familia Xiria celebrou a tope o Día das Letras Galegas en clave deportiva.

Eran as 10:30h cando se xuntaban para botar a foto máis esperada, salpicada desta volta polo leite galego. Dende aí comezaron os partidos, con emisións en directo para a TVG.

O máis emocionante foi a sorpresa da visita de dous xogadores do Clube de ACB Obradoiro CAB de Santiago de Compostela. O mítico Alberto Corbacho e Pepe Pozas e compartían encantados fotos cos máis pequenos e con entrenadores dos 52 equipos participantes no evento.

Corbacho e Pozas no Dia do Pequebasket en Carballo Corbacho e Pozas no Dia do Pequebasket en Carballo

Ainda que a choiva non permitía desfrutar dos distintos xogos que tiña preparados a Escola Basket Xiria, o tempo ía pasando moi axiña para os baloncestistas de 5 a 8 anos, que compartían o xantar con productos saúdables, entre os que se encontraba o brick de leite 100% galego, así como bocadillos, auga, zumes e fruta.

Tamén disfrutaron os alumnos da Asociación Un Paso Máis, uns dos que mellor demostran pola zona o bo que é o deporte para a inclusión.

Xa pola tarde, e sen choiva, os cativos gozaron dos hinchables, coches a pedais, pintacaras, globoflexia, xogos tradicionais, etc…

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios