A Festa da Praia do Ézaro cumple 30 anos facendo do deporte unha relixión
09 de xullo de 2015 (09:02 h.)
Este verán, nada menos que 4 probas de volei a nivel galego acollerá a praia do Ézaro. E unha, das máis esperadas, é a Festa da Praia do Ézaro, que cumpre nada menos que 30 anos.
Hoxe coñecemos as propostas deportivas, que se centrarán no fútbol e no voli praia. A cita, os días 1 e 2 de agosto.
O XXVIII Maratón de Fútbol Praia xa ten o prazo de inscrición aberto e xunta a ducias das grandes estrellas do fútbol da Costa. Haberá 32 equipos, así que apuren.
Haberá tamén ocasión para as novas promesas co XI Campionato de Fútbol Praia sub 16.
Para o volei, a cousa xa vai en serio no XXV Campionato de Volei Praia Festa da Praia, coordinado a través da Federación Galega de Volei.
As inscricións, na Casa da Cultura do Ézaro ou no 981 71 26 05.
Novas relacionadas
- A praia do Ézaro será o centro do volei praia galego con 4 probas.
- Un dumbriés no Campionato de España de Seleccións sub-17 de Volei Praia.
- 2014: A praia do Ézaro servíu de colofón para os campións galegos de Volei Praia.
- 2014: O Ézaro foi o centro do Volei Praia de toda España.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).