Venres. 19.04.2024
El tiempo

O Ézaro foi o centro do Volei Praia de toda España

O Ézaro foi o centro do Volei Praia de toda España
Volei Praia no Ezaro 2014 Durante esta pasada fin de semana dende o venres 25 ata o domingo 27 disputouse na praia dumbriesa do Ézaro o Campionato de España de Volei Praia sub 17 masculino e feminino, onde un total de 41 equipos das diferentes rexións do noso pais loitarían polo título de Campión de España. E como non podía ser de outra forma alí estaba un equipo de Volei Dumbría representando a nosa Costa da Morte.

Ata o Ézaro acudiron numerosos veciños da comarca para presenciar a espectacular competición e tamén numerosos familiares e amigos dos equipos participantes vidos de todos os rincóns de España que abarrotaron as prazas hoteleiras de toda a bisbarra.
A competición foi un éxito total, tanto de asistencia de público como polo gran nivel de xogo amosado polos difentes clubes. As miles de persoas que presenciaron o campionato o longo destes 3 días, poideron ver non só as futuras estrelas deste deporte, como poden ser os rapaces do equipo canario de Vecindario recentes Subcampións do Mundo en Acapulco, e a postre gañadores do cadro masculino, senón tamén o máis laureado da historia nacional deste deporte, como Javier Bosman, medalla de prata nas Olimpiadas de Atenas e actual adestrador do Universidad de Alicante ou Sixto Jimenez diploma olímpico, seleccionador nacional de volei playa e adestrador do equipo canario.

O Vecindario campion de Espana de Volei Praia-Foto-Jorge Parri No cadro masculino o equipo canario de Vecindario Gran Canaria proclamouse Campión de España tras derrotar o equipo balear de CV Sóller por 2-0 con parciais de 21-17 e 21-16. Na loita polo bronce o equipo de Salus VB Oviedo derrotou o equipo marbellí de San Pedro de Alcántara por 2-1 con parciais de 10-21, 23-21 e 15-10.

Os dumbrieses, 9º

Equipo do Volei Praia Dumbria co mister e o alcalde En canto o equipo local de Volei Dumbría, formado por Manuel Marcote, David Redonda e Marco Lado acabarían a competición en 9º posición, repetindo o posto logrado o ano pasado. Tras un mal inicio caendo derrotado ante o equipo aragonés Las Viñas de Teruel por 2-1(21-9, 21-23 e 15-10) lograrían repoñerse e loitar entre os 12 primeiros tras vencer a Xátiva por 2-0 (21-16 e 21-18) e o equipo vasco de Getxo por idéntico resultado 2-0 ( 21-11 e 21-14). O seguinte escalón sería o equipo de Oviedo ante o que non poideron desarrollar o seu mellor nivel de xogo, e tras un mal partido perderían por 2-0 (21-16 e 21-16) o que lles mandaba a loitar pola posición 9ª onde tras un emocionante encontro lograrían gañar o equipo malagueño de Fuensanta por un apretado 2-1 ( 19-21, 21-14 e 19-17). Para o adestrador local, Luis Alberto Fernández, o resultado poido ser algo mellor se tivesen máis tempo para preparar a praia xa que ata finais de xuño estiveron adestrando en pista para participar no Campionato de España cadete que se celebrou en Castellón. No cadro feminino as campionas sería o equipo madrileño de Majadahonda que se imporía na final o equipo cántabro de Torrelavega por 2-0 (21-6 e 21-16). O bronce sería para o equipo malagueño de Torremolinos que se impuso o equipo galego de Barraña VP de Boiro por un axustado 2-1(21-17, 17-21 e 15-9). Desta maneira e tras o éxito de participación e organizativo o Ézaro despídese do volei praia nacional por este ano, pero non do galego xa que a próxima fin de semá acollerá o Campionato Galego Absoluto masculino e femenino e para o seguinte será o turno das categorías inferiores co Campionato Galego masculino e femenino nas categorías sub 15, sub 17, sub 19 e sub21. Volei Praia no Ezaro 2014-Foto-Jorge Parri

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios