A inmortalidade ten data, hora e sitio
29 de abril de 2016 (09:53 h.)
Un triunfo en Camariñas daralle o título ao Fisterra, quince anos despois, e elevará á categoría de lenxendario a un plantel plurixeracional
O Fisterra, se gaña en Camariñas, celebrará o título da Liga da Costa-Foto-Darío Gómez
Facer historia é un termo demasiado frivolizado e recurrido que, sen embargo, adquire unha dimensión moi próxima á realidade con motivo da visita do Fisterra a Camariñas. Un triunfo alí eleva á categoría de lenda a un grupo que ten na súa man acabar con quince anos de sequía de títulos. De non gañar, tamén ten a opción de ascender sempre e candro o Sporting Zas non supere o resultado co gallo da visita do Ameixenda. O ambiente que se vive na Vila do Cristo é de sensación de algo grande, pero tamén como a calma previa á tempestade, ou o sospeitoso silencio anterior a un ataque bélico. Tense volto viral a imaxinación da bancada, encabezada polos Rapacollóns, que xa no seu blog trovador advirten de algo titánico no Cabo Vilán. Ameaza con ser Fisterra un pobo fantasma entre as catro e as sete e media do domingo, pero despois tamén con ser o epicentro de algo máxico. E mentres, como ameaza de sabotaxe un Camariñas que non se xoga nada e que está a ser tan sorprendente como irregular. Sería, ademais, o premio a un equipo plurixeracional, con inacabables coma Norberto (o 'extracomunitario'), Manuel Cartamil, Rodri ou Santi. Tamén con realidades dominantes, véxase Adrián ou Bruno, e proxectos de referentes nuns anos, coma Piti, Robertín e Jesús.
Pero non só do título vive a Liga da Costa. O Porteño loita contra o abismo dos arrastres e viaxa a Esteiro, onde só lle vale vencer na súa contrarreloxo. Nunha situación semellante está o Buño en Cerqueda, ou o Coristanco en Ponteceso. Obxectivo, acabar o máis arriba posible. Será tamén o penúltimo partido de Pedro como adestrador do San Lorenzo, e tentará queimar a bala que lle queda rumbo a Primeira.
Precisamente, na categoría que vén de gañar o Soneira, o máis interesante da semana pode ser o pasillo que unha lenda como Juanito, ex do Betis e Deportivo, lle fará aos vimianceses no Municipal. Chega un Sigüeiro moi baixo na segunda volta. Non poden errar o Baio na súa visita a Carcacía, ante o colista, nin o Corme nun difícil recibimento ao Unión. Pode asegurarse a promoción o Sofán, curiosamente ante un Malpica que xa foi anfitrión da festa do Soneira.
Un peldaño máis arriba, na Preferente, a loita do Xallas terá como obstáculo ao Arteixo, exlíder e que sigue a pelexar polo título.
E un peldaño máis abaixo, o Muxía retoma a volta da Promoción de Ascenso á Liga da Costa tralo tráxico parón. Unha parada que ao final vai afectar o calendario, pois a volta da final, na que xa espera o Corcubión, coincidirá coa ida dos Oitavos da Copa da Costa.
O cadro da Promoción actualizando en tempo real en www.copadacosta.com
Os cadros da Copa da Costa sempre actualizados ao instante en www.copadacosta.com
A un paso da final da Copa Xuvenil
Deixaron moitas cousas no aire a ida das semis da Copa Xuvenil. O Fisterra poralle o pase moi complicado ao Xallas, mentres o Ponteceso buscará rubricar o seu pase no Pinguel ante un Camariñas rabioso.
I Memorial Abdoulaye
Unha das citas máis emotivas da fin de semana daranse, sen dúbida, en Arliña, coa disputa do I Memorial Abdoulaye Fall Seck, entre o cadro muxián e un combinado de xogadores dos equipos da categoría cadete.
Un final de infarto para a Liga de Veteranos
Como se puxo a última xornada da Liga de Veteranos. Este domingo, o municipal de Vimianzo acollerá o partido da tempada, un Soneira-Milagrosa, unha final polo título.
Preferente Norte, xornada 35
Primeira Autonómica, xornada 33
Segunda Autonómica, xornada 33
FasedeAscenso á 2ª Autonómica, Volta das semifinais
CopadaCosta Xuvenil, ida das Semifinais
AlevínCosta Sur F8, xornada 29
AlevínCosta Norte F8, xornada 9
BenxamínCosta Sur F8, xornada 28
BenxamínCosta Norte F8, xornada 9
Prebenxamín Costa F8, xornada 10
Veteranos, 1ª División, xornada 30
Veteranos, 2ª División, xornada 30
Novasrelacionadas
- Crónica de Guillermo Parga do ascenso do Soneira: Nunca agardei menos de ti.
- Consternación costeira pola morte dun xogador do Muxía de 15 anos.
- Os arrastres provocarían a día de hoxe o descenso de Xallas, Baio, Corme, Buño, Ameixenda e Volantes.
- Noé e Geiko, os premios Zamora e Pichichi da 3ª da Costa.
- Rikísimo ascenso.
- O Laxe é novo equipo da 2ª Autonómica!.
Máisinformación
- Os cadros da Copa da Costa 2016.
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.
Fonte
- Guillermo Parga (guillermoparga@quepasanacosta.com).