Sábado. 14.09.2024
El tiempo

A inmortalidade ten data, hora e sitio

A inmortalidade ten data, hora e sitio
Un triunfo en Camariñas daralle o título ao Fisterra, quince anos despois, e elevará á categoría de lenxendario a un plantel plurixeracional O Fisterra se gana en Camarinas celebrara o titulo O Fisterra, se gaña en Camariñas, celebrará o título da Liga da Costa-Foto-Darío Gómez Facer historia é un termo demasiado frivolizado e recurrido que, sen embargo, adquire unha dimensión moi próxima á realidade con motivo da visita do Fisterra a Camariñas. Un triunfo alí eleva á categoría de lenda a un grupo que ten na súa man acabar con quince anos de sequía de títulos. De non gañar, tamén ten a opción de ascender sempre e candro o Sporting Zas non supere o resultado co gallo da visita do Ameixenda. O ambiente que se vive na Vila do Cristo é de sensación de algo grande, pero tamén como a calma previa á tempestade, ou o sospeitoso silencio anterior a un ataque bélico. Tense volto viral a imaxinación da bancada, encabezada polos Rapacollóns, que xa no seu blog trovador advirten de algo titánico no Cabo Vilán. Ameaza con ser Fisterra un pobo fantasma entre as catro e as sete e media do domingo, pero despois tamén con ser o epicentro de algo máxico. E mentres, como ameaza de sabotaxe un Camariñas que non se xoga nada e que está a ser tan sorprendente como irregular. Sería, ademais, o premio a un equipo plurixeracional, con inacabables coma Norberto (o 'extracomunitario'), Manuel Cartamil, Rodri ou Santi. Tamén con realidades dominantes, véxase Adrián ou Bruno, e proxectos de referentes nuns anos, coma Piti, Robertín e Jesús. Pero non só do título vive a Liga da Costa. O Porteño loita contra o abismo dos arrastres e viaxa a Esteiro, onde só lle vale vencer na súa contrarreloxo. Nunha situación semellante está o Buño en Cerqueda, ou o Coristanco en Ponteceso. Obxectivo, acabar o máis arriba posible. Será tamén o penúltimo partido de Pedro como adestrador do San Lorenzo, e tentará queimar a bala que lle queda rumbo a Primeira. Precisamente, na categoría que vén de gañar o Soneira, o máis interesante da semana pode ser o pasillo que unha lenda como Juanito, ex do Betis e Deportivo, lle fará aos vimianceses no Municipal. Chega un Sigüeiro moi baixo na segunda volta. Non poden errar o Baio na súa visita a Carcacía, ante o colista, nin o Corme nun difícil recibimento ao Unión. Pode asegurarse a promoción o Sofán, curiosamente ante un Malpica que xa foi anfitrión da festa do Soneira. Un peldaño máis arriba, na Preferente, a loita do Xallas terá como obstáculo ao Arteixo, exlíder e que sigue a pelexar polo título. E un peldaño máis abaixo, o Muxía retoma a volta da Promoción de Ascenso á Liga da Costa tralo tráxico parón. Unha parada que ao final vai afectar o calendario, pois a volta da final, na que xa espera o Corcubión, coincidirá coa ida dos Oitavos da Copa da Costa.

A un paso da final da Copa Xuvenil

Deixaron moitas cousas no aire a ida das semis da Copa Xuvenil. O Fisterra poralle o pase moi complicado ao Xallas, mentres o Ponteceso buscará rubricar o seu pase no Pinguel ante un Camariñas rabioso.

 

I Memorial Abdoulaye

Unha das citas máis emotivas da fin de semana daranse, sen dúbida, en Arliña, coa disputa do I Memorial Abdoulaye Fall Seck, entre o cadro muxián e un combinado de xogadores dos equipos da categoría cadete.

 

Un final de infarto para a Liga de Veteranos

Como se puxo a última xornada da Liga de Veteranos. Este domingo, o municipal de Vimianzo acollerá o partido da tempada, un Soneira-Milagrosa, unha final polo título.

 

Preferente Norte, xornada 35

 

Primeira Autonómica, xornada 33

 

Segunda Autonómica, xornada 33

 

FasedeAscenso á 2ª Autonómica, Volta das semifinais

O cadro da Promoción actualizando en tempo real en www.copadacosta.com O cadro da Promoción actualizando en tempo real en www.copadacosta.com  

CopadaCosta Xuvenil, ida das Semifinais

Os cadros da Copa da Costa sempre actualizados ao instante en www.copadacosta.com Os cadros da Copa da Costa sempre actualizados ao instante en www.copadacosta.com  

AlevínCosta Sur F8, xornada 29

AlevínCosta Norte F8, xornada 9

BenxamínCosta Sur F8, xornada 28

BenxamínCosta Norte F8, xornada 9

Prebenxamín Costa F8, xornada 10

 

Veteranos, 1ª División, xornada 30

Veteranos, 2ª División, xornada 30

 

Novasrelacionadas

Máisinformación

Fonte

Comentarios