A Liga da Costa despútase na montaña
Nova xornada costeira cunha marea de partidos en liza, xa cos resultados e os calendarios da Ligas de FS actualizados.
Unha xornada marcada polas urxencias na Preferente, cos dous equipos en postos de descenso e con partidos complicados. O Xallas visita ao líder, o Arteixo, na mañá do domingo, e o Dumbría recibe ao 3º, o potente Arzúa, ambos ca necesidade de sumar.
Novo derbi
E seguimos de derbis na 1ª Autonómica, desta volta no Pratas Reinoso entre un Baio ao que lle sentou ben o cambio no banco e a chegada dos enfrontamentos costeiros, e un Sofán moi ben situado na parte noble da táboa.
Polo demais, necesita sumar os tres puntos o Corme en Lousame para ir apagando lumes. E quen ten que apagar bos lumes é o Malpica, despois da goleada humillante da semana pasada. Recibe ao Palmeira, e de perder podería pechar a xornada en postos de descenso.
Máis arriba, o Outes recibe ao Agolada para seguir subindo, e o Soneira terá un choque clave para medir se é ou non é un dos serios candidatos ao ascenso. Visita Rianxo, para medirse ao potentísimo Unión, 2º clasificado a só un punto dos soneiráns.
Unha Liga da Costa con novidade no banco e solidariedade
Emotiva será a volta de Corredoira aos banquiños. O novo míster do Baíñas enfróntase ao equipo que foi a súa casa durante moitos anos, un Zas líder, nun choque que servirá para moitas cousas. Será o partido da xornada, sen dúbidas, con permiso do Partido Solidario que organiza a UD Cerqueda ante o Camariñas.
Espera o Ponteceso un tropezo dos zaenses, pero non poderá fallar na súa visita ao Ameixenda. Por detrás, o San Lorenzo recibe a unha moi boa Esteirana, e o Mazaricos, tras 8 partidos sen perder, visita o campo doutro aspirante en horas baixas, o Castriz.
Un 3ª de cambio
Tamén na 3ª teremos novo adestrador esta semana. A directiva do Montelouro decidía prescindir de Marcelo pola falta de sintonía entre xogadores e adestrador, e esta tarde de venres decidirán o seu relevo. Precisamente o cadro loureán enfrontarase ao líder, o Corcubión, mentres o Laxe, o único invicto do Fútbol da Costa, quere manter o nivel ante un Lira que vén mellorando nas últimas xornadas.
Sábado de Fútbol Base no Conco
Reciben os Cadetes do Dumbría no Conco ao Coruxo o sábado pola mañá mentres que os xuvenís fan o propio pola tarde nun choque fundamental para medir as aspiracións dos de Leis e Lobelos. Chega o Racing Vilalbés, líder da competición con 5 puntos de vantaxe sobre o Dumbría, 2º.
Preferente Norte, xornada 15
Primeira Autonómica, xornada 13
Segunda Autonómica, xornada 13
Terceira Autonómica, xornada 11
Xuvenil - Liga Galega, xornada 13
Dumbría | 05/12 - 16:30 | Vilalbés |
Cadete - División de Honra, xornada 13
Dumbría | 05/12 - 12:00 | Coruxo |
Xuvenil - Grupo Sur, xornada 14
Xuvenil - Grupo Norte, xornada 14
Primeira Cadete, xornada 12
Primeira Infantil, xornada 12
AlevínCosta Sur F8, xornada 9
BenxamínCosta Sur F8, xornada 9
Veteranos, 1ª División, xornada 11
Veteranos, 2ª División, xornada 11
Novas relacionadas
- Corredoira asume o desafío de ascender ao Baíñas.
- A UD Cerqueda, filosofía #Futbolidaria.
- “Estoulle sendo infiel ao fútbol… cos meus fillos”.
- O Fútbol Base volve a Pedra Queimada.
- Remata o Curso de Monitor de Fútbol Base de Santa Comba e convócase un novo para Muros.
- Grandes nomes na lista de Pichichis das Ligas da Costa.
Crónicas da semana
- Xuvenís: Cee e Cabana únense a Xallas e Ponteceso.
- Ligas Galegas: Un empate con susto.
- 3ª Autonómica : O Laxe, único equipo invicto do Fútbol da Costa.
- 2ª Autonómica: As sillas eléctricas.
- 1ª Autonómica: A semana sen sentido.
- Preferente: Vaia ‘racha’ na Laracha.
- Jeckyll, Hyde e outras personaxes da Costa.
Máis información
- O cadro da Copa da Costa 2016.
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.
- Mercado de Fichaxes: As Altas e Baixas dos equipos do Fútbol da Costa.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).