A nova moda do Fútbol da Costa chámase Espinilleras Juan

Impresionantes. Nunca viramos cousa tal, e ten que ser no seo do Fútbol da Costa cando descubramos estas obras de artesanía deportiva. Aí están, dende Santa Comba, un par de artistas cos que dá gusto pasar as horas, cos que dá gusto conversar e aprender, un par de traballadores municipais comprometidos, que nos seus ratos libres, arman accións coma estas.

Espinilleras Juan nace como o fan as boas ideas. E toma o nome por pura casualidade, como lle acontecera ao mítico Atomé, o gran Antonio Tomé Taboada, médico e caricaturista xalleiro ao que lle quedou esa A antes de Tomé por unha errata no xornal de turno.

Toda Santa Comba, e parte do estranxeiro, coñece xa Espinilleras Juan, e xa son ducias as encargas que teñen. I é que as espinilleras personalizadas a nivel profesional custan unha pasta, mentres estas obras artesás e individualizadas, asen moito máis económicas.

Son moitos os que xa as lucen cada fin de semana: Doro, Rubén Forján, Jota… ou Marcos Mouro, Nando Vázquez e outros moitos pequenos que queren ser coma os seus ídolos. De feito, xa tiveron tamén varias encargas de Dumbría e doutras zonas, e de seguro que para este Nadal teñen que ampliar a produción… Ademais, están probando cunhas de PVC, duras como croios…

Son moitas as anécdotas que poden contar este par de fenómenos, pero quedamos con unha. Fermosa a historia do pequeno Benxamín que chegaba ao campo de fútbol para estrealas espinilleras, e o colexiado non lle deixou xogar con elas por riba das medias… Que chafado quedou o pequeno.

Aquí vos quedan varios formatos:

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).