Venres. 26.04.2024
El tiempo

Os clubs poden cambiar os horarios nas categorias inferiores sen avisar ao rival

Os clubs poden cambiar os horarios nas categorias inferiores sen avisar ao rival
Horarios FutboldaCosta

Xa sabedes que cada mércores actualizamos os horarios da fin de semana en www.futboldacosta.com. Pois por aí enteraranse moitos clubs dos seus partidos, sobre todo nas categorías inferiores, despois da última reunión. Hoxe xa recibíamos algunha queixa dalgún club que descubríu o seu novo horario por aquí, ou pola web da Federación, pero é que agora é así o procedemento.
aQueixas, se cadra, non comprensibles, unha vez que se prantexou na reunión e ningún club alzou a voz para protestar.

Se ben nos maiores aínda hai que pedir permiso para cambiar o horario dos partidos aos sábados (un club pode poñer un partido o domingo pola mañá sen avisar ao rival), en categorías base cambia a cousa.

En Xuvenís, o club de casa pode cambiar o horario sen consultar, nin sequera avisar, ao rival, sempre que sexa na franxa entre o sábado pola tarde e o domingo pola mañá.
En Cadetes e infantís, os equipos teñen de marxe sábado pola mañá, sábado pola tarde e domingo pola mañá, eso si, nin antes das 10:00h nin despois das 19:00h, para poñer o horario que mellor lle conveña.

O equipo rival ten a obriga de mirar a intranet de www.futgal.es para enteirarse.

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios