A pesca tomou a Laxe e Camariñas

As costas de Laxe e Camariñas viviron esta pasada fin de semana unha doble cita pesqueira. Curioso en todo caso a contraprogramación entre a Federación Galega de Pesca e a Asociación de Empresarios de Camariñas, que fixeron coincidir dúas probas o mesmo día.

Campionato Selectivo Mar-Costa en Laxe

A Federación Galega de Pesca artellaba este campionato galego clasificatorio para o español. Unha proba que ía disputarse en Fisterra pero o mal tempo obrigou a levala cara o norte. Así e todo, os lóstregos fixeron aparición tamén, malia que houbo momentos de calma.

Finalmente, Pilar Rey, da Barbanza, e Óscar Beceiro Ceves, na primeira manga, e Antonio Calvo Fernández, na segunda, foron os vencedores.

Campionato de pesca Cabo Vilán en Camariñas

Paralelamente en Camariñas tivo lugar a V edición do Campionato de pesca Cabo Vilán. Soamente se realizou a 1º manga pola mañá, a 2º pola tarde foi suspendida polas circunstancias adversas do tempo, sobre todo a tormenta e gran oleaxe, ademais do vento, choiva e pedroulos de granizo.

O premio a maior captura foi para o 2º clasificado, José Manuel Lema Lema. E o premio ó 1º clasificado de Camariñas foi para o 5º da xeral, Manuel Valiña Carril.

Os resultados foron os seguintes:

Alberto Miguel PinillaMadrid
José Manuel Lema LemaPonte do Porto
Roberto Piñeiro ParadaMuxía
Alberto Iglesias GarcíaCarballo
Manuel Valiña CarrilCamariñas
Andrés Seoane BrañasA Coruña
José Manuel Brea GarcíaA Coruña

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).