Venres. 19.04.2024
El tiempo

O nordés aumentou a dificultade no Campionato de Pesca da Langosteira

O nordés aumentou a dificultade no Campionato de Pesca da Langosteira

Artellaba este pasado sábado a Federación Galega de Pesca unha cita coa caña na Praia Langosteira de Fisterra. Nada menos que o Campionato Provincial de Pesca en Mar Costa, no que competiron uns 50 pescadores.

Finalmente, e tralas ameazas de tormenta, fixo unha tarde-noite espléndida, e dende as 17:00h da tarde e ata a entrada a madrugada, as cañas se sumerxiron na procura do mellor peixe do país. Iso si, o nordés deslucíu algo as capturas, pois este vento enfría as aigas e as "clarexa", o que dificulta enganar aos peixes, tendo que recorrer a montaxes moi finas.

Deste xeito, os pescadores que conseguiron puntuar na primeira manga marcaron a diferencia, pois ao coincidir a segunda manga co solpor, aumentaron as posibilidades de capturas e as forzas estiveron máis igualadas nesta segunda tanda.

Así, aquí vemos aos gañadores: segundo pola dereita e con pelo branco o gañador Antonio Luís Calvo, á dereita o 2º Fernando Navarro Sánchez-Morate, e á esquerda o 3º pablo Raúl Cámera Martínez.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios