A praia do Ézaro será o centro do volei praia galego con 4 probas
Aínda estamos pendentes de disfrutar da maior manifestación cilista de Galicia no Gran Fondo Ézaro, e a vila dumbriesa xa prepara o areal para máis líos deportivos. Un ano máis, entre os meses de xullo e setembro deste ano, a praia do Ézaro acollerá diferentes probas do Campionato Galego de Volei Praia, para o que contará con dúas pistas permanentes e outras dúas que se poderán habilitar cando sexa preciso.
Un convenio que durará ata 2017, gracias ao empeño deste Concello de Dumbría polo Deporte con maiúsculas, do seu convenio coa Federación Galega de Voleibol e á colaboración de Ferroaltántica.
Teremos que estar atentos aos resultados pois hai nada que tivemos un dumbriés no Campionato de España de Seleccións sub-17 de Volei Praia.
O concello de Dumbría poñerá a disposición dos participantes un mínimo de 25 prazas en albérgues do Ézaro, así como as instalacións deportivas do pabellón polideportivo municipal de O Conco para as concentracións de voleibol que se celebren ao longo do ano.
As probas
Os días 11 e 12 de xullo terán lugar os Campionatos Sub 15 e Sub 17. Trátase das categorías base do voleipraia e a primeira aproximación dos máis novos a este deporte. Nesta ocasión, participarán os niñ@s que disputaron o Campionato de España Escolar en Murcia (8º e 12º posición).
Entre o 24 e o 26 de xullo disputaranse as probas do Campionato de España Cadete de Voleiplaya por Clubs. Nesta categoría participan os mellores xogadores promesa masculinos e femininos. Estarán presentes os mozos do Barraña Voleiplaya, que o ano pasado foron campións de España Infantís.
A gran proba da Festa da Praia
E como non podía ser doutro xeito, o colofón ao verán de volei, do 1 ao 2 de agosto terá lugar a Festa da Praia. Unha proba aberta aos afeccionados, que lles permitirá gozar dunhas xornadas de deporte lúdico.
E para rematar, os días 8 e 9 de agosto, desenvolverase a Proba Final do Campionato Galego de Voleiplaya Sénior. Nesta proba decidiranse as parellas feminina e masculina Campioas Galegas 2015, que poderán disputar a Final do Campionato de España de Voleiplaya (CEVP). Nesta proba, ademais das mellores parellas galegas, participarán parellas doutros lugares de España e de Portugal.
Novas relacuionadas
- Chega o Gran Fondo Ézaro, a maior manifestación ciclista de Galicia.
- Un dumbriés no Campionato de España de Seleccións sub-17 de Volei Praia.
- 2014: A praia do Ézaro servíu de colofón para os campións galegos de Volei Praia.
- 2014: O Ézaro foi o centro do Volei Praia de toda España.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).