A Selección da Costa Sub-15 estréase en competición oficial este mércores en Cambados

A Selección da Costa sub-15 durante a presentacion oficial en Fontenla-Foto-FGF

Este 1 de novembro debutará a “amarela” en Cambados. A Selección da Costa sub-15 estrearase en competición oficial na Primeira Fase do Campionato Galego de Seleccións Comarcais da categoría Sub15. A cita este mércores 1 de novembro, onde o Complexo Deportivo de O Pombal acollerá a uns 300 xogadores e xogadoras de 8 seleccións masculinas e 7 femininas.

O combinado costeiro, dirixido polos zaseiros Martín Vecino e Josiño Abelenda, con Pablo Fuentes como axudante e Alberto Pose como delegado, competirás coas seleccións da Coruña e de Ourense a partir das 13:00h, en partidos de duos tempos de 25 minutos e 5 de descanso.

Será unha fermosa ocasión para medir o nivel dos xogadores costeiros, a pesar de que contar con xogadores de ligas comarcais (outras seleccións contan con experimentados xogadores en Ligas Galegas), e con apenas 3 adestramentos (cunha boa presentación oficial) e un par de partidos amigables ás súas costas.

Presentación do Campionato co Concelleiro de Deportes de Cambados, Vítor Caamaño; o presidente o Club Juventud Cambados, Matías Fontán; o directivo da Real Federación Galega de Fútbol, José Manuel Fernández; e o delegado en Pontevedra, Jaime Otero

Lista de convocados

Os convocados, que sairán ás 9:00h da sede da FGF en Baio, son os seguintes:

  • OUTES: Álvaro Sanchiño González.
  • CEE: Iago Trillo Túñez.
  • SOFÁN: Cristian Fernández Barreiro e Lucas García.
  • DUMBRÍA: Rubén Carnero, Dani González Chao, Lucas Toba e Alex Castro.
  • CABANA: Roberto Rodríguez.
  • MALPICA: Raúl Reigía.
  • ESTEIRANA: Uxío Riomao e Manuel García Priegue.
  • ZAS: Brais Espasandín, Marcos Villar Rossi e Pablo Pardiñas.
  • MUXÍA: Martín Lodeiro (infantil).
  • CAMARIÑAS: Mario Suárez.
  • CORISTANCO: Nicolás Abelenda (infantil).

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
  • FGF.