A Selección da Costa Sub-15 estréase en competición oficial este mércores en Cambados
Este 1 de novembro debutará a “amarela” en Cambados. A Selección da Costa sub-15 estrearase en competición oficial na Primeira Fase do Campionato Galego de Seleccións Comarcais da categoría Sub15. A cita este mércores 1 de novembro, onde o Complexo Deportivo de O Pombal acollerá a uns 300 xogadores e xogadoras de 8 seleccións masculinas e 7 femininas.
O combinado costeiro, dirixido polos zaseiros Martín Vecino e Josiño Abelenda, con Pablo Fuentes como axudante e Alberto Pose como delegado, competirás coas seleccións da Coruña e de Ourense a partir das 13:00h, en partidos de duos tempos de 25 minutos e 5 de descanso.
Será unha fermosa ocasión para medir o nivel dos xogadores costeiros, a pesar de que contar con xogadores de ligas comarcais (outras seleccións contan con experimentados xogadores en Ligas Galegas), e con apenas 3 adestramentos (cunha boa presentación oficial) e un par de partidos amigables ás súas costas.
Presentación do Campionato co Concelleiro de Deportes de Cambados, Vítor Caamaño; o presidente o Club Juventud Cambados, Matías Fontán; o directivo da Real Federación Galega de Fútbol, José Manuel Fernández; e o delegado en Pontevedra, Jaime OteroLista de convocados
Os convocados, que sairán ás 9:00h da sede da FGF en Baio, son os seguintes:
- OUTES: Álvaro Sanchiño González.
- CEE: Iago Trillo Túñez.
- SOFÁN: Cristian Fernández Barreiro e Lucas García.
- DUMBRÍA: Rubén Carnero, Dani González Chao, Lucas Toba e Alex Castro.
- CABANA: Roberto Rodríguez.
- MALPICA: Raúl Reigía.
- ESTEIRANA: Uxío Riomao e Manuel García Priegue.
- ZAS: Brais Espasandín, Marcos Villar Rossi e Pablo Pardiñas.
- MUXÍA: Martín Lodeiro (infantil).
- CAMARIÑAS: Mario Suárez.
- CORISTANCO: Nicolás Abelenda (infantil).
Novas relacionadas
- A Selección da Costa sub-15 estreará o seu amarelo “Dortmund” o 1 de novembro.
- Outubro 2017: Fontela acolleu a presentación oficial das Seleccións da Costa sub-12 e sub-15:
- Xuño 17: Malpica acolleu a segunda participación da Selección da Costa sub-15.
- Maio 17: A Selección Sub-15 da Costa debutou no Cairo.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- FGF.