A Selección da Costa Xuvenil encheu Muros de solidariedade no seu debut

Partido Solidario da Seleccion Xuvenil da Costa coa Seleccion Galega sub12 en Muros Preto de 400 persoas encheron de cor e solidariedade este pasado mércores o Eleuterio Balayo para disfrutar e axudar no Partido Solidario artellado polos Miúdos. A Selección Galega sub-16 enfrontábase á nova Selección da Costa Xuvenil, que se estreaba deste xeito despois das aparicións oficiais da sub12 e sub15. A importancia foi a cantidade (aínda están recontando a familia dos Miúdos) de alimentos recollidos gracias ás aportacións dos propios xogadores e directivos e de todos os siareiros que se achegaron polo campo muradán, e que serven para axudar aos usuarios de Cáritas. A recollida continçua aberta ata o domingo. Houbo unha homenaxe previa a unha directiva de O Miudos, ao que lle fixeron entrega dun obsequio pola súa dedicación ao Club. No deportivo, gañou a Selección Galega sub16 por 5-1, na que destacou o cadete do Bergantiños Willliam Peña, único da zona. A Selección Xuvenil da Costa estivo mellor na segunda metade, pero notóuselle que era apenas a segunda vez que xogaban xuntos. O gol costeiro marcouno o fisterrán Isaac. Estes foron os convocados por Skío (Fisterra) e Mario (Xallas):
  • Samuel Castro Vila (Dumbría).
  • Diego Estévez Canosa (Dumbría).
  • Ryan Kaio Caldeira dos Santos (Outes).
  • Javier Bermúdez Blanco (Corme).
  • Lucas Vicente Vidal (Corme).
  • Víctor Espasandín Bouzas (Xallas).
  • Fernando Pensado Bergantiños (Xallas).
  • Álvaro Farinos Cruz (Esteirana).
  • Juan Formoso García (Esteirana).
  • Ismael Senande Fernández (Os Miúdos).
  • Jesús Rodríguez González (Os Miúdos).
  • Alberto Balayo González (Os Miúdos).
  • Ezequiel Martínez Canosa (Fisterra).
  • Isaac Fábregas Trigo (Fisterra).
  • Adrián Rodríguez (Bergantiños).
  • Víctor Casais (Bergantiños)
  • Pablo Vidal Ferreiro (Zas).
  • Brais Pereira Fernández (Soneira).
Imaxe do Adestramento da semana da Seleccion da Costa Xuvenil no Conco

A Selección Feminina da Costa en Esteiro

Tócalle agora tomar protagonismo á Selección de David Castro, que disputará un amigable e Esteiro este sábado 29 contra As Miúdas.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/futfem-pensando-no-partido-da-seleccion-feminina/ https://quepasanacosta.gal/as-seleccions-da-costa-sub12-e-sub15-tamen-tenen-o-seu-cromo-no-album-da-costa/ https://quepasanacosta.gal/marta-calvo-debutou-ca-seleccion-galega-sub17/