![Partido Solidario da Seleccion Xuvenil da Costa coa Seleccion Galega sub12 en Muros 1]()
Partido Solidario da Seleccion Xuvenil da Costa coa Seleccion Galega sub12 en Muros
Preto de 400 persoas encheron de cor e solidariedade este pasado mércores o Eleuterio Balayo para disfrutar e axudar no
Partido Solidario artellado polos Miúdos. A Selección Galega sub-16 enfrontábase á nova Selección da Costa Xuvenil, que se estreaba deste xeito
despois das aparicións oficiais da sub12 e sub15.
A importancia foi a cantidade (aínda están recontando a familia dos Miúdos) de alimentos recollidos gracias ás aportacións dos propios xogadores e directivos e de todos os siareiros que se achegaron polo campo muradán, e que serven para axudar aos usuarios de Cáritas. A recollida continçua aberta ata o domingo.
Houbo unha homenaxe previa a unha directiva de O Miudos, ao que lle fixeron entrega dun obsequio pola súa dedicación ao Club.
No deportivo, gañou a Selección Galega sub16 por 5-1, na que destacou o cadete do Bergantiños Willliam Peña, único da zona. A Selección Xuvenil da Costa estivo mellor na segunda metade, pero notóuselle que era apenas a segunda vez que xogaban xuntos. O gol costeiro marcouno o fisterrán Isaac.
Estes foron os convocados por Skío (Fisterra) e Mario (Xallas):
- Samuel Castro Vila (Dumbría).
- Diego Estévez Canosa (Dumbría).
- Ryan Kaio Caldeira dos Santos (Outes).
- Javier Bermúdez Blanco (Corme).
- Lucas Vicente Vidal (Corme).
- Víctor Espasandín Bouzas (Xallas).
- Fernando Pensado Bergantiños (Xallas).
- Álvaro Farinos Cruz (Esteirana).
- Juan Formoso García (Esteirana).
- Ismael Senande Fernández (Os Miúdos).
- Jesús Rodríguez González (Os Miúdos).
- Alberto Balayo González (Os Miúdos).
- Ezequiel Martínez Canosa (Fisterra).
- Isaac Fábregas Trigo (Fisterra).
- Adrián Rodríguez (Bergantiños).
- Víctor Casais (Bergantiños)
- Pablo Vidal Ferreiro (Zas).
- Brais Pereira Fernández (Soneira).
![Adestramento da Seleccion da Costa Xuvenil no Conco]()
Imaxe do Adestramento da semana da Seleccion da Costa Xuvenil no Conco
Tócalle agora tomar protagonismo á Selección de David Castro, que disputará un amigable e Esteiro este sábado 29 contra As Miúdas.
Novas relacionadas
https://quepasanacosta.gal/futfem-pensando-no-partido-da-seleccion-feminina/
https://quepasanacosta.gal/as-seleccions-da-costa-sub12-e-sub15-tamen-tenen-o-seu-cromo-no-album-da-costa/
https://quepasanacosta.gal/marta-calvo-debutou-ca-seleccion-galega-sub17/