Abellariza afía as lanzas para a Travesía a nado de Balarés
09 de xullo de 2018 (08:17 h.)
O domingo 22 de xullo un cento de nadadores atraverán o esteiro do Anllóns entre Balarés e a praia das Vacas. Será a Travesía a nado Balarés, organziada pola Agrupación Deportiva Abellariza de Ponteceso e integrada no novo Circuíto de Travesía Costa Abanca by Duacode 2018.
Esta pasada fin de semana presentaban a cita no mesmo areal pontecesán as xentes de Abellariza, esperando manter o éxito da travesía da Coruña, celebrada este domingo, e a de Oleiros, que se celebra este vindeiro domingo 15, e que ten un alto ritmo de inscricións.
Ademais, a cita pontecesá será solidaria pois a organización ofrecerá un donativo, que irá destinado á Asociación Galega de Ataxias.