Martes. 08.10.2024
El tiempo

Abellariza afía as lanzas para a Travesía a nado de Balarés

Abellariza afía as lanzas para a Travesía a nado de Balarés
Xentes de Abellariza en Balarés promocionando a Travesía a nado

O domingo 22 de xullo un cento de nadadores atraverán o esteiro do Anllóns entre Balarés e a praia das Vacas. Será a Travesía a nado Balarés, organziada pola Agrupación Deportiva Abellariza de Ponteceso e integrada no novo Circuíto de Travesía Costa Abanca by Duacode 2018.

Esta pasada fin de semana presentaban a cita no mesmo areal pontecesán as xentes de Abellariza, esperando manter o éxito da travesía da Coruña, celebrada este domingo, e a de Oleiros, que se celebra este vindeiro domingo 15, e que ten un alto ritmo de inscricións.

Ademais, a cita pontecesá será solidaria pois a organización ofrecerá un donativo, que irá destinado á Asociación Galega de Ataxias.

Inscricións

Dende hoxe as inscricións collen prezos de última hora e a pechadura de inscricións está previsto para o día 15. A inscripción inclúe: medalla para todos os participantes, gorro, agasallo conmemorativo, cronometraje, fisioterapeutas, avituallamiento, Protección Civil, lanchas e kayaks de acompañamiento, servizo de guardería e zona de xogos con monitores para os mais pequenos, e logo da entrega de trofeos, degustación da xa popular paella cociñada pola sección Abellariza Chef.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/as-travesias-illas-sisargas-balares-e-fisterra-entran-no-circuito-costa-abanca/ https://quepasanacosta.gal/valares-volve-ser-con-b/ https://quepasanacosta.gal/abertas-as-inscricions-para-a-travesia-a-nado-solidaria-entre-camarinas-e-muxia/

Comentarios