O Fisterra estará tamén pendente do partidazo - Foto: SD FIsterra
O partido do ano ou do siglo na Costa da Morte vai por barrios, ou por vilas. Se ben a atención xeral estará posta no Pinguel co gallo do enfrontamento entre Ponteceso e Sporting Zas, en moitas charlas tácticas de antes de comezar a xornada podería entrar ese concepto.
Por exemplo, na Preferente Autonómica, se o Dumbría é capaz de estrearse con Julián Ferreiro en forma de triunfo ante un rival directo coma o Estudiantil, seguro será a victoria do siglo. Ou mesmo se o Xallas saca tres puntos na Pobra do Caramiñal e sae do descenso, terá sido a máis grande do que va de ano. No caso dos do Conco xogarán coa vantaxe que ten o seu novo inquilino do banco acerca do balompé da zona do Sar.
Seguramente, Manolito, adestrador do Soneira, podería motivar aos seus falando de recuperar en Cordeiro o trono da liga, de enmendar o freazo sufrido co Val do Ulla, e dar un golpe na mesa. Iso sería a victoria do siglo en Vimianzo. Ou o Malpica, en forma de 'derbi' (por proximidade non será) ante o Outes, e darlle porta a unha xeira desesperante. E se o Sofán vai e vence precisamente en Val do Ulla, ante un rival serio atrás e compacto, sacaría a victoria da década ao aproveitar a duelo directo de Cordeiro.
E se hai partido do ano no Pinguel, os cinco equipos que veñen por detrás de Ponteceso e Zas tamén se xoga unha oportunidade das que teñen desfrutado poucas: gañar e aproveitar o pinchazo dun ou dos dous. Sobre todo debe ter coidado o Castriz, que recibe a un Cerqueda especialista nos cara a cara e na intensidade. E non menos trampa e o encontro en Ara Solis para o Fisterra, contra un Volantes de Baño que se sorprende incluso a si mesmo, e que se algo ten é facilidade goleadora. Tampouco será un paseo para o Mazaricos en Coristanco, contra un rival sempre incómodo. Ten sufrido un troco importante a competición co fallo do Comité a favor do San Lorenzo e a súa denuncia ao Carnota por alineación indebida. Queda invalidado o 0-0 de entón e o partido pasa a ser 0-3, co que os carballeses están a seis puntos do liderarto.
Descansa na Terceira Autonómica o líder Corcubión, o que buscará aproveitar o Laxe na casa co Seaia, e Monte Louro recibindo ao competitivo Nantón. E na base, o Dumbría viaxa a Coruña para medirse a un dos poucos equipos que aínda existen do Montañeros.
As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.