mércores. 30.04.2025
El tiempo

Alén do Pinguel

Alén do Pinguel
Non só do partidazo da xornada entre Ponteceso e Sporting Zas (poden ver a quiniela dos 5 adestradores que perseguen a Ponteceso e Zas) vive unha Costa da Morte que en Primeira se volca co Soneira e a súa visita ao líder Cordeiro O Fisterra estará tamén pendente do partidazo - Foto: SD FIsterra O Fisterra estará tamén pendente do partidazo - Foto: SD FIsterra O partido do ano ou do siglo na Costa da Morte vai por barrios, ou por vilas. Se ben a atención xeral estará posta no Pinguel co gallo do enfrontamento entre Ponteceso e Sporting Zas, en moitas charlas tácticas de antes de comezar a xornada podería entrar ese concepto. Por exemplo, na Preferente Autonómica, se o Dumbría é capaz de estrearse con Julián Ferreiro en forma de triunfo ante un rival directo coma o Estudiantil, seguro será a victoria do siglo. Ou mesmo se o Xallas saca tres puntos na Pobra do Caramiñal e sae do descenso, terá sido a máis grande do que va de ano. No caso dos do Conco xogarán coa vantaxe que ten o seu novo inquilino do banco acerca do balompé da zona do Sar. Seguramente, Manolito, adestrador do Soneira, podería motivar aos seus falando de recuperar en Cordeiro o trono da liga, de enmendar o freazo sufrido co Val do Ulla, e dar un golpe na mesa. Iso sería a victoria do siglo en Vimianzo. Ou o Malpica, en forma de 'derbi' (por proximidade non será) ante o Outes, e darlle porta a unha xeira desesperante. E se o Sofán vai e vence precisamente en Val do Ulla, ante un rival serio atrás e compacto, sacaría a victoria da década ao aproveitar a duelo directo de Cordeiro. E se hai partido do ano no Pinguel, os cinco equipos que veñen por detrás de Ponteceso e Zas tamén se xoga unha oportunidade das que teñen desfrutado poucas: gañar e aproveitar o pinchazo dun ou dos dous. Sobre todo debe ter coidado o Castriz, que recibe a un Cerqueda especialista nos cara a cara e na intensidade. E non menos trampa e o encontro en Ara Solis para o Fisterra, contra un Volantes de Baño que se sorprende incluso a si mesmo, e que se algo ten é facilidade goleadora. Tampouco será un paseo para o Mazaricos en Coristanco, contra un rival sempre incómodo. Ten sufrido un troco importante a competición co fallo do Comité a favor do San Lorenzo e a súa denuncia ao Carnota por alineación indebida. Queda invalidado o 0-0 de entón e o partido pasa a ser 0-3, co que os carballeses están a seis puntos do liderarto. Descansa na Terceira Autonómica o líder Corcubión, o que buscará aproveitar o Laxe na casa co Seaia, e Monte Louro recibindo ao competitivo Nantón. E na base, o Dumbría viaxa a Coruña para medirse a un dos poucos equipos que aínda existen do Montañeros.  

Preferente Norte, xornada 21

 

Primeira Autonómica, xornada 19

Segunda Autonómica, xornada 19

Terceira Autonómica, xornada 16

 

Xuvenil - Liga Galega, xornada 19

Montañeros16/01 - 16:00Dumbría

Cadete - División de Honra, xornada 19

Deportivo16/01 - 12:00Dumbría
 

Xuvenil - Grupo Sur, xornada 19

 

Xuvenil - Grupo Norte, xornada 19

 

Primeira Cadete, xornada 17

Primeira Infantil, xornada 17

 

AlevínCosta Sur F8, xornada 15

BenxamínCosta Sur F8, xornada 15

 

Veteranos, 1ª División, xornada 15

Veteranos, 2ª División, xornada 16

 

Máis información

Fonte

  • Guillermo Parga (guillermoparga@quepasanacosta.com).

Comentarios