As papeletas do Fútbol da Costa son vermellas e amarelas

O Sofán puido co Malpica no derbi bergantiñán-Foto-SD

Xornada marcada pola actividade electoral. Pero no campo, despois de ir votar, esquécense as obrigas socias e toca darlle ao balón. En todo caso, a xornada deixou como protagonistas dúas cores: o vermello do Sofán, que vencía o derbi bergantiñán; e o amarelo do Mazaricos, que superaba a todo un San Lorenzo en Verdillo e se afianza no 3º posto, tralo cambio de líder da Liga da Costa.

Liga a Liga

Seguen as malas novas na Preferente. Dumbría e Xallas volveron perder e seguen en postos de descenso.

Non son tan malas as novas ds equipos costeiros da 1ª, pero houbo para todos. A atención centrábase no derbi bergantiñán, onde o Sofán daba conta dun Malpica que vai costa abaixo, e xa ocupa o posto de descenso do que sae o Corme, trala súa importantísima vitoria ante todo un Unión, un dos candidatos. Unha vitoria que demostra que a situación do Corme é transitoria e que o equipo subirá moitos postos.
Polo demais, a derrota do Soneira déixao sen liderado e a 3 do Cordeiro, que non perdoa. E na zona media, vitoria do Outes que co Sofán métense en zona “UEFA”, mentres o Baio empataba e segue en zona morna.

>Importante xornada na Liga da Costa, pois a derrota do Ponteceso en Coristanco provoca o cambio de líder. O Zas goleaba duramente ao Ameixenda e se pon 2 puntos por arriba de pontecesáns, e 4 sobre o Mazaricos. Precisamente é o cadro de Néstor o gran protagonista da xornada, pois vencía a todo un San Lorenzo, ao que supera e se confirma con auténtica alternativa ao ascenso. Outro dos que non teñen máis teito que o propio é o Fisterra, que endosaba un set ao Camariñas e queda a só 5 do liderado. Non fallou o Baíñas de Corredoira, pero si que o fixo o Castriz de Periscal, que parece un dos grandes dignificados da xornada tras caer ante un Cee que mira cara arriba.

Na 3ª Autonómica, descansaba o invicto Laxe, e o Corcubión aproveitou para abrir unha pequena fenda tras vencer, non sen sufrimento, en Vimianzo ante o Castrelo. O Montelouro segue firme aos dous de arriba e non sucumbíu ante o Camelle. Un pouco máis abaixo, Nantón e Lira reencontráronse ca vitoria (era de feito a primeira do cadro liracho).

Mala xornada de base

Xa na base, os Dumbrías das Ligas Galegas caeron, nunha fin de semana na que a nota destacada é a clasificación do Baio, endosando a primeira derrota do ano ao Ponteceso, á Liguilla Xuvenil dos mellores.

Cambio de líder dos Veteranos

Deixouse o At. MIlagrosa o liderado en San Andrés, onde caia ante o Zas e vía como San Lorenzo o supera e Dumbría o alcanza.

Ligas de FS

E xa sabedes, que en www.futboldacosta.com. tendes tamén actualizadas as Ligas de FS de Cee, Ponteceso-Corme, Malpica, Mazaricos e a Carballo (esta de parón invernal).

 

Preferente Norte, xornada 18

 

Primeira Autonómica, xornada 16

Segunda Autonómica, xornada 16

Terceira Autonómica, xornada 14

 

Xuvenil - Liga Galega, xornada 17

Xuventude Oroso 4-3Dumbría

Cadete - División de Honra, xornada 17

Arosa2-1Dumbría
 

Xuvenil - Grupo Sur, xornada 18

 

Xuvenil - Grupo Norte, xornada 18

 

Primeira Cadete, xornada 16

Primeira Infantil, xornada 16

 

AlevínCosta Sur F8, xornada 14

BenxamínCosta Sur F8, xornada 14

 

Veteranos, 1ª División, xornada 15

Veteranos, 2ª División, xornada 15

 

Máis información

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).